AFACO - Asociación Familiares Enfermos de Alzheimer A Coruña

Asóciate

Jordi Camí: «Cando aparecen síntomas, o Alzheimer está na súa fase final; iníciase décadas antes»

A falta dun tratamento que permita curar a enfermidade, asegura que o principal obxectivo da Fundación Pasqual Maragall é traballar na prevención do Alzheimer antes de que aparezan os primeiros síntomas. «Os fármacos que saíron nos últimos anos, aplicados a persoas xa con síntomas, fracasaron. Hai que intervir en etapas anteriores», sinala o director desta fundación catalá, o doutor Jordi Camí, que onte impartiu a charla Retos sociais e científicos do envellecemento: o caso da enfermidade de Alzheimer, na Fundación Barrié con motivo do 20 aniversario da Asociación de Familiares de enfermos de Alzheimer da Coruña (Afaco).

Cal é o principal reto científico que presenta hoxe en día o Alzheimer?

Nós, dende a Fundación Pasqual Maragall, poñemos o foco na prevención. Estamos convencidos, sabemos que cando a enfermidade manifesta síntomas xa está na súa fase final e que realmente o Alzheimer empeza década antes, pero de forma silenciosa. Hai que entender a historia natural da enfermidade para intervir nas persoas que consideramos que teñen risco de padecer esta doenza.


Sábese que persoas teñen maior predisposición a padecer esta enfermidade?
Temos algunhas pistas. Hai unha variante que é hereditaria, debido a unhas mutacións xenéticas onde a metade dos descendentes padecerán a enfermidade, pero é pouco frecuente. Outra pista son persoas que morren cognitivamente ben, pero o seu cerebro presenta unhas alteracións similares ás dos que teñen Alzheimer. Probablemente se estas persoas vivisen dez anos máis terían rematado tendo a enfermidade.


Máis información en La Opinión A Coruña

Galería (pulse para ampliar)

Hosting por dinahosting.

Nosos centros

Sede social Centro terapéutico Centro de día

©2017 AFACO - Aviso legal - Créditos
Parque San Diego, s/n, Centro Cívico - Baixo, 15006 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 1001
Rúa / Petunias, 33 B, 15008 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 2001
Rúa Salvador de Madariaga nº 87 en A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 3001
ENTIDADE DECLARADA DE UTILIDADE PÚBLICA POLO MINISTERIO DO INTERIOR
Homologado pola Consellaría de Traballo para a impartición de especialidades formativas.

Certificación obtida para : Centro de día c/ Petunias e Centro Terapéutico c/ Salvador de Madariaga.
Certificación de calidad ISO-9001:2008
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar