AFACO - Asociación Familiares Enfermos de Alzheimer A Coruña

Asóciate

A campaña X Solidario promove que se marque a casiña de «Fines sociais» da declaración da renda

As entidades do terceiro sector galego, entre as que se encontra a Federación de Asociacións Galegas de Familiares de enfermos de Alzheimer e outras demencias (Fagal), na que está integrada AFACO, fixeron balance este martes 14 de abril en Santiago de Compostela da recadación obtida en 2013 en Galicia, grazas á asignacion do 0'7% do IRPF do recadro de Fins Sociais (Actividades consideradas de Interés Social). Ademais, en rolda de prensa presentaron tamén a campaña X Solidario, diririxida a informar e animar ás persoas contribuíntes para que marquen o recadro de fins sociais no momento de facer a súa declaración da renda.

Á hora de cumprir con Facenda, os contribuíntes teñen catro posibilidades: marcar só o recadro de fins sociais, marcar só o recadro da igrexa católica, marcar ambos recadros ou non marcar ningún. No caso de que o contribuínte marque os dous recadros, os cartos non se dividen, senón que se multiplica por dous a asignación. Este xesto non fai que se paguen máis  impostos nin tampouco afecta ao resultado da devolución, malia iso, un 47% de contribuíntes aínda non marca ningunha casiña.

Pola contra, á solidariedade das persoas, que destiñaron o 0'7% dos seus impostos a esta finalidade, permitiu obter en Galicia 14.858.529 de euros, que foron destiñados a organizacións sociais, un importante instrumento de política social para a loita contra a exclusión social. 

 

Vídeo da campaña X Solidario

Campaña de Galicia - X Solidario

 

 

 

Galería (pulse para ampliar)

Hosting por dinahosting.

Nosos centros

Sede social Centro terapéutico Centro de día

©2017 AFACO - Aviso legal - Créditos
Parque San Diego, s/n, Centro Cívico - Baixo, 15006 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 1001
Rúa / Petunias, 33 B, 15008 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 2001
Rúa Salvador de Madariaga nº 87 en A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 3001
ENTIDADE DECLARADA DE UTILIDADE PÚBLICA POLO MINISTERIO DO INTERIOR
Homologado pola Consellaría de Traballo para a impartición de especialidades formativas.

Certificación obtida para : Centro de día c/ Petunias e Centro Terapéutico c/ Salvador de Madariaga.
Certificación de calidad ISO-9001:2008
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar