AFACO - Asociación Familiares Enfermos de Alzheimer A Coruña

Asóciate

«Loitar contra o Alzheimer non é só atender ao paciente, tamén é diagnosticar a enfermidade a tempo»

«Cada minuto diagnostícase no mundo un novo caso de Alzheimer e a prevalencia vai en aumento, de aí a importancia da prevención primaria e do diagnóstico precoz», sinalou o médico de atención primaria Manuel Barral, coautor do manual AFACO responde: Todo o que os coidadores familiares deben saber sobre as demencias, que se presentou o pasado xoves 17 de setembro, na sede da Fundación ONCE da Coruña.

O facultativo fixo fincapé no labor do médico de atención primaria que «o sabe todo sobre os seus pacientes, polo que debe servirlles de guía». Para previr a aparición de enfermidades, Barral subliñou os beneficios de «facer exercicio, levar unha alimentación equilibrada e controlar os factores de risco vascular», así mesmo recalcou a necesidade de «adestrarse» intelectualmente realizando «crucigramas e sudokos» e de manter «a socialización». «Se á prevención primaria sumámoslle un diagnóstico precoz da enfermidade, teremos máis posibilidades de iniciar con éxito tratamentos para controlar os síntomas das demencias», recalcou. 

Os médicos de cabeceira dispoñen dun protocolo de actuación que lles permite determinar se determinados síntomas de alarma presentes nun paciente poden enmascarar algún tipo de demencia. Eses síntomas de alarma, sempre que se repitan de forma «sostida» nun período de «uns tres meses», son «a perda de memoria, dificultade na realización de tarefas cotiás, problemas de linguaxe, desorientación espazo-temporal, cambios no carácter ou na personalidade, perda de iniciativa, problemas para entender imaxes visuais e colocar obxectos en lugares inadecuados», aclarou Barral.

Ademais, en «estadios iniciais o máis importante é seguir tratamentos non farmacolóxicos, como a realización de exercicios de estimulación», puntualizou o doctor.

Por último, Manuel Barral puxo de relevo «o drama» que supoñen as demencias para as familias «polo desgaste» que carrexa para o seu coidador, «case sempre unha muller». «Hai que estar pendentes dos coidadores para detectar de forma precoz calquera problema e para evitar que claudiquen, poñéndoos en contactos con grupos para que os orienten». Porque «loitar contra o Alzheimer non é só atender ao enfermo, tamén é diagnosticalo a tempo e responder ás dubidar que lle xorden ás persoas da súa contorna», indicou.

Pola súa banda, a presidenta de AFACO, María Carmen Martínez sinalou que este manual para coidadores que edita a Asociación de Familiares de enfermos de Alzheimer da Coruña «é moito máis que un libro sobre o Alzheimer» xa que se trata de «unha obra de consulta, elaborada por especialistas e dirixida a resolver as dúbidas e os medos dos familiares».

A xefa do servizo de atención ao cidadán do Servizo Galego de Saúde, Begoña García Cepeda, quen tamén asistiu á presentación, enxalzou que a guía «inclúe todas as facetas dos coidados que require unha persoa con Alzheimer».

O manual pódese descargar gratuitamente aquí.  

Galería (pulse para ampliar)

Hosting por dinahosting.

Nosos centros

Sede social Centro terapéutico Centro de día

©2017 AFACO - Aviso legal - Créditos
Parque San Diego, s/n, Centro Cívico - Baixo, 15006 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 1001
Rúa / Petunias, 33 B, 15008 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 2001
Rúa Salvador de Madariaga nº 87 en A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 3001
ENTIDADE DECLARADA DE UTILIDADE PÚBLICA POLO MINISTERIO DO INTERIOR
Homologado pola Consellaría de Traballo para a impartición de especialidades formativas.

Certificación obtida para : Centro de día c/ Petunias e Centro Terapéutico c/ Salvador de Madariaga.
Certificación de calidad ISO-9001:2008
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar