AFACO - Asociación Familiares Enfermos de Alzheimer A Coruña

Asóciate

Marcha pola memoria

Con gallo do Día Mundial del Alzheimer, que se conmemora cada 21 de setembro, a Federación de Alzheimer Galicia (Fagal), da que forma parte AFACO, organiza este ano unha marcha pola memoria. A devandita marcha ten como obxectivo dar maior visibilidade ás persoas afectadas dalgún tipo demencia, e ás súas familias.

Para iso, do mesmo xeito que os peregrinos que camiñan a diario até Santiago, integrantes das 13 asociacións de familiares de enfermos de Alzheimer de Galicia, percorrerán a pé, o sábado 17 de setembro, o último tramo do Camiño (os 4 quilómetros que separan o Monte do Gozo do Parque de Bonaval, en Compostela). Unha vez en Santiago, plantarase unha árbore no que se denominará «espazo da memoria».

Para facilitar a asistencia de todas as persoas interesadas en participar, Fagal fretará un autobús gratuíto desde A Coruña. A saída da cidade será pola mañá, aproximadamente ás 09:30. Unha vez finalizado o percorrido, a todos os asistentes ofreceráselles un aperitivo en Bonaval.

Todas as persoas socias de AFACO, así como familiares e amigos, que o desexen poden poñerse en contacto connosco para reservar a súa praza.

 

Desde AFACO, animámoslle a participar connosco nesta actividade. 

 

Incricións: 981 20 58 / contacto@afaco.es

Día: sábado, 17 de setembro

 

Hora (pendente de confirmación): saída da Coruña ás 09:30 

 

 

Galería (pulse para ampliar)

Hosting por dinahosting.

Nosos centros

Sede social Centro terapéutico Centro de día

©2017 AFACO - Aviso legal - Créditos
Parque San Diego, s/n, Centro Cívico - Baixo, 15006 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 1001
Rúa / Petunias, 33 B, 15008 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 2001
Rúa Salvador de Madariaga nº 87 en A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 3001
ENTIDADE DECLARADA DE UTILIDADE PÚBLICA POLO MINISTERIO DO INTERIOR
Homologado pola Consellaría de Traballo para a impartición de especialidades formativas.

Certificación obtida para : Centro de día c/ Petunias e Centro Terapéutico c/ Salvador de Madariaga.
Certificación de calidad ISO-9001:2008
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar