AFACO - Asociación Familiares Enfermos de Alzheimer A Coruña

Asóciate

A música como terapia

A música é unha forma efectiva de avivar o recordo, de aí que a musicoterapia sexa unha técnica cada vez máis estendida para promover a socialización das persoas que presentan alteracións cognitivas, da linguaxe etc. En esencia, a musicoterapia é un tratamento non farmacolóxico que estimula as actividades cognitivas e facilita a conduta comunicativa.

 

As vantaxes de traballar con música, non obstante, son moitas e moi variadas, non só para as persoas que padecen demencia. De aí que en AFACO tamén se impartan periodicamente obradoiros para coidadores que xiran arredor da música e o movemento. Concíbense como instrumento ou medio de expresión dirixido a alcanzar o benestar, favorecendo o positivismo.

Estes talleres, dirixidos pola musicoterapeuta Mita Beutel, coa colaboración do psicólogo da Asociación Juan Bonome, desenvólvense nun ámbito ameno, no que se fomenta a participación e a comunicación a través das cancións, actividades con ritmo e xogos.

Os talleres do grupo «Música e saúde» de AFACO celébranse nas seguintes datas:

 

  • Novembro: días 7 e 21
  • Decembro: días 5 e 19 

 

Para máis información sobre as actividades da Asociación dirixidas a coidadores familiares, podedes contactarnos no enderezo contacto[@]afaco.es

Galería (pulse para ampliar)

Hosting por dinahosting.

Nosos centros

Sede social Centro terapéutico Centro de día

©2017 AFACO - Aviso legal - Créditos
Parque San Diego, s/n, Centro Cívico - Baixo, 15006 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 1001
Rúa / Petunias, 33 B, 15008 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 2001
Rúa Salvador de Madariaga nº 87 en A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 3001
ENTIDADE DECLARADA DE UTILIDADE PÚBLICA POLO MINISTERIO DO INTERIOR
Homologado pola Consellaría de Traballo para a impartición de especialidades formativas.

Certificación obtida para : Centro de día c/ Petunias e Centro Terapéutico c/ Salvador de Madariaga.
Certificación de calidad ISO-9001:2008
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar