Subvención do programa FOAXE_2025 da Deputación da Coruña

A través do programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o mantemento de centros de servizos sociais no ano 2025 (Foaxe_2025), a Deputación da Coruña concedeu a AFACO a cantidade de 30.211,59€ para o centro de San Diego. Coa mencionada axuda levaranse a cabo melloras neste centro coa finalidade de proporcionar un mellor servizo a todos os nosos usuarios. Isto conséguese axudándolles a retardar na medida do posible a perda da súa autonomía persoal, ademais de brindarlles unha mellor atención persoal. No caso dos familiares coidadores, descárgaselle de responsabilidade no coidado dos seus seres queridos. Tamén poderán realizarse melloras de adaptabilidade para poder incorporar as máis persoas aflixidas por algunha demencia xa que, por desgraza, son enfermidades cunha incidencia cada vez maior.

Axuda para o equipamento de Petunias

A Deputación da Coruña concedeu a AFACO unha axuda do FOIE 2025, destinada ao programa de entidades sen ánimo de lucro. O obxectivo desta subvención é apoiar actuacións en materia de servizos sociais e conta cunha dotación de 9.373,46 €. A contía destinarase á instalación da bomba de calor do centro e ao sistema de climatización.

Convenio para o respiro familiar

No ano 2025 asinamos un novo Convenio de Colaboración entre a Asociación de Familiares de enfermos de Alzheimer e o Concello da Coruña, para o financiamento do Servizo de Respiro Familiar e Apoio para a promoción da autonomía persoal de persoas afectadas pola enfermidade de alzhéimer. Recursos como este facilitan ás persoas coidadoras, normalmente da contorna familiar do paciente, un espazo para soportar a súa fatiga física e emocional, á vez que lles permite poder dedicar algo de tempo a outras actividades que son necesarias para o seu benestar. Este programa supón dispoñer dun espazo físico e permanente de atención, información e orientación en canto a dereitos e tramitación de recursos sociais dirixidos a persoas con dependencia e as súas familias;  informar, orientar e asesorar de maneira integral acerca da enfermidade, así como prestar apoio psicolóxico aos familiares de persoas con Alzheimer. Ademais, a actuación ten como obxectivo principal mellorar a calidade de vida das persoas con alzhéimer e as súas familias, asesorando sobre cuestións sociais, emocionais e legais, favorecendo o acceso aos recursos existentes.

Un Nadal para non esquecer

O Nadal é tempo de lembranzas, pero para miles de persoas que conviven co Alzheimer, esas lembranzas comezan a esvaecerse pouco a pouco. En AFACO levamos 30 anos acompañando a persoas con demencia e ás súas familias, ofrecendo terapias, apoio emocional, orientación social e espazos de encontro que melloran o seu día a día. Sabemos que, aínda que a memoria falle, o cariño, a compañía e a atención especializada manteñen vivo o máis importante: a esencia de cada persoa. Nestas festas convidámoste a sumarte a “Un Nadal para non esquecer”.Cada doazón representa unha lembranza que preservamos xuntas e xuntos. Cada achega transfórmase en sesións de estimulación cognitiva, obradoiros de memoria, apoio ás persoas coidadoras e programas de acompañamento. Porque ningunha lembranza debería perderse en silencio.Porque cada persoa merece soster a súa historia o maior tempo posible.Porque o teu xesto pode cambiar un fogar enteiro. Podes facer aquí a túa aportación Regala memoria. Regala acompañamento. Regala esperanza.Grazas por facer posible que tantas familias non se sintan soas.Grazas por lembrar cando outras persoas empezan a esquecer.Grazas por camiñar ao noso lado.

Día mundial do Alzhéimer 2025

O vindeiro 21 de setembro celebramos o Día Mundial do Azheimer e na nosa entidade anticiparémonos con diferentes puntos informativos sobre o noso labor asistencial desde o venres 19 de setembro. En colaboración con outras moitas entidades, a nivel nacional e local, participaremos en diferentes accións de sensibilización en favor das persoas con alzhéimer, o sector sociosanitario e os familiares ou coidadores. O venres 19, durante o partido do Deportivo da Coruña, trasladaranse algúns destes mensaxes grazas ao apoio do club. O lema deste ano a nivel nacional “Igualando Dereitos” implica reivindicar para estes pacientes os mesmos dereitos que teñen o resto de persoas, como ver cubertas todas as necesidades asistenciais, poder decidir, acceder aos tratamentos necesarios etc. Desde AFACO queremos pedirvos un pequeno esforzo para divulgar a problemática que implican as demencias, lograr adhesións na vosa contorna, e colaborar no sostemento do labor asistencial necesario para atender a estes pacientes. 30 anos moi especiais Este ano celebraremos o noso congreso 30º Aniversario, co título “30 anos de memoria e esperanza: avances e desafíos no alzhéimer”, que terá lugar os días 27 e 28 de novembro de 2025 no paraninfo do Reitorado da Universidade da Coruña e do que tedes toda a información nesta ligazón. Nestas dúas xornadas, dirixidas a profesionais do sector, familiares, coidadores etc., terán como relatores a profesionais de recoñecido prestixio no panorama sociosanitario para falar de novos tratamentos, soidade non desexada e modelos de atención. Ademais, lanzamos un importante reto en Migranodearena.com polo que desde agora mesmo podedes xa colaborar apoiando o noso labor social e asistencial polas persoas con demencias e as súas familias. https://www.migranodearena.org/reto/colabora-con-afaco MESAS INFORMATIVAS NA CORUÑA 19/9/25 – Hotel Hesperia: C/ Juan flórez 16 – Praza de Lugo: C/ Praza de Lugo, enfronte ao número 22 – Oficina ABANCA: Rúa Nova 30 – Mercado Elviña: Av Salvador de Madariaga, 9 – Fundación Barrié: Cantón grande, 9 – Hotel Exe Catro Camiños: Ramón e Cajal, 53 – Campo marte (taxis): R. a Torre 65 – Mercado San Agustín: Praza San Agustín, 1 – Praza de Vigo (Rexistro): Emilia Pardo Bazan, 24 – Vos Castros (Gadis) AV Pasaxe, 15

AFACO no Espazo Amizar

A Xunta de Galicia entrega 12 locais do Espazo Amizar a entidades sociosanitarias entre as que está AFACO Nun acto celebrado nos últimos días o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado pola delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, formalizaron a entrega de doce locais situados na terceira planta do Espazo Amizar a 14 entidades coruñesas que operan no ámbito sociosanitario, entre elas a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e Demencias da Coruña (AFACO). Estas organizacións resultaron beneficiarias dunha convocatoria pública aberta en maio e cuxa resolución foi publicada o 23 de xullo no Diario Oficial de Galicia. A maioría xa foran adxudicatarias na convocatoria anterior de 2022, o que reflicte un compromiso renovado cara ao seu traballo. A cesión ten unha duración de catro anos e forma parte do compromiso institucional da Xunta por propiciar o tecido asociativo da Coruña e garantir que as entidades conten con espazos adecuados para desempeñar o seu labor sociosanitario. O Espazo Amizar, cunha superficie aproximada de 6.000 m², é resultado da rehabilitación da antiga sede da Xunta para Sanidade na Coruña. O proxecto supuxo no seu día un investimento de sete millóns de euros, e integra oficinas administrativas, unha oficina de emprego e os locais destinados a organizacións de acción social sen ánimo de lucro. Que supón para AFACO Para AFACO, dispoñer dun local no Espazo Amizar é importante, pois proporciona unha maior accesibilidade e presenza, nunha localización consolidada como referente social na cidade, ademais das sinerxias de poder compartir sede con outras entidades sociosanitarias. Tamén nos achega un espazo adaptado para o desenvolvemento de actividades, programas e servizos dirixidos a persoas con demencias e as súas familias. E o reforzo á súa proxección futura, aliñada coa súa misión de prestar acompañamento, asesoramento e atención psicolóxica a diario na Coruña. Entidades beneficiarias As organizacións que compartirán os 12 locais con AFACO nesta nova etapa son as seguintes: Balance e impacto Para a nosa entidade, a dotación deste espazo non só supón melloras loxísticas senón tamén simbólicas: reforza o seu posicionamento como entidade local comprometida e preparada para seguir crecendo en servizo ás persoas con demencia e as súas familias. Ademais, para poder levar a cabo o noso labor, é fundamental o apoio de todas as institucións que están presente no noso ámbito de actuación, que é A Coruña e a súa área metropolitana.

Programa de Respiro Familiar 2025

A continuación explicamos cales son os requisitos e modalidades das axudas para o respiro familiar de coidadores non profesionais, con dependentes a cargo. O prazo para solicitalas termina o 15 de outubro. En que consiste O seu obxectivo principal é manter ás persoas en situación de dependencia ou discapacidade na súa contorna habitual, mentres se ofrece ao seu coidador/a principal a posibilidade de dispoñer duns días para o seu descanso, manter a súa vida familiar, social, de lecer e tempo libre, mentres que á persoa á que coidan é atendida nun centro residencial. Requisitos da persoa dependente Ter recoñecida unha discapacidade física, psíquica ou mental con necesidade de axuda de terceiras persoas para as actividades da vida diaria, e que esta sexa igual ou superior ao 75% Ter recoñecida unha situación de dependencia de grao II ou III No caso de non ter recoñecida nin discapacidade nin dependencia, debe presentarse unha situación de necesidade de terceiros para as actividades da vida diaria, acreditada mediante informe médico e social. Modalidades de Respiro Familiar → Respiro en centro de día Consiste nunha axuda económica para contribuír ao pagamiento do servizo temporal de Centro de Día e que este supoña unhas horas de descanso para a persoa coidadora. Este servizo terá que ser prestado por unha entidade rexistrada no Rexistro Único de Prestacións de Servizos Sociais (RUEPSS) e con autorización para prestación do devandito servizo. A axuda económica poderá chegar ao 100%, por un máximo de 1.000€ por persoa/ano.. → Respiro en residencia Consiste nunha axuda económica para contribuír ao pagamiento dun Centro Residencial temporal e que este supoña unhas horas de descanso para a persoa coidadora. Sufragará gastos de estancias temporais atendida nun centro residencial que será prestado por unha entidade rexistrada no Rexistro Único de Prestacións de Servizos Sociais (RUEPSS). Os servizos que inclúe son: – Aloxamento e manutención completa en cuartos dobres adecuados ás limitacións e necesidades das persoas atendidas. – Menú segundo supervisión médica. ou Atención integral: coidado persoal, control e protección, axuda para as actividades da vida diaria. – Atención médica, psicolóxica e social. A axuda económica poderá chegar ao 100%, por un máximo de 1.500€ por persoa/ano. Prazo de Presentación O prazo de presentación das solicitudes estará aberto ata o 15 de outubro de 2025, podendo gozar deste servizo ata o 21 de novembro de 2025. Para realizar a solicitude poderase facer mediante a sede electrónica da Xunta de Galicia. Tamén se pode realizar mediante a Traballadora Social de referencia ou entregándoa presencialmente nos rexistros habilitados. → Respiro no fogar Consiste nunha axuda económica para contribuír ao pagamiento do servizo temporal de atención en domicilio. Este servizo terá que ser prestado por unha entidade rexistrada no Rexistro Único de Prestacións de Servizos Sociais (RUEPSS) ou ofrecelo un persoal legalmente acreditado. As tarefas do servizo consistirán en: – Asistencia para levantarse e deitarse. ou Apoio no coidado e hixiene persoal, así como para vestirse. – Control da alimentación e axuda para a mesma se se require. ou Supervisión, se procede, de toma de medicación prescrita. – Apoio para cambios posturales, mobilizacións e orientación espaciotemporal. – Apoio a persoas afectadas por problemas de incontinencia. – Calquera outra tarefa implícita no desenvolvemento das anteriores. A axuda económica poderá chegar ao 100%, por un máximo de 1.000€ por persoa/ano.. Documentación a Presentar – Anexo I – Solicitude. – Anexo II – Comprobación de datos de terceiras persoas interesadas. – Informe Social (cando NON exista recoñecemento de grao de dependencia). – Informe médico (cando NON exista recoñecemento de grao de dependencia). – Copia de contrato de prestación de servizos (de axuda en domicilio, de centro de día ou de residencia, con data de inicio e fin de contrato, preferiblemente, e a nome da persoa coidadora). – Declaración responsable da persoa coidadora da situación de respiro ou descanso persoal. – Certificado do grao de discapacidade da persoa dependente. – Declaración responsable ou documento que acredite o vínculo familiar da persoa coidadora e a persoa dependente. Xustificación Notificada a resolución, deberase achegar a seguinte documentación, que deberá ser remitida con data límite o 1 de decembro de 2025: – Anexo IV – Solicitude de pago. – Copia das facturas acreditativas dos gastos a nome da persoa coidadora (nome e DNI) e onde conste expresamente a identificación da persoa dependente (nome e DNI), o día e as horas nas que se prestou o servizo e o nome ou NIF da persoa, empresa ou entidade que presta o servizo. – Xustificantes bancarios que acrediten o pago da factura. Acéptase a xustificación de pago en efectivo mediante un recibo da persoa provedora asinando sobre a factura, con indicación do nome e apelidos de quen recibe os fondos e o seu DNI. – Declaración responsable da persoa coidadora da situación de respiro ou descanso persoal. Ante calqueira dúbida podedes contactar connosco no teléfono 981 205 858 ou por correo electrónico en contacto@afaco.es

Afaco cumpre 30 anos

Entre as celebracións dos próximos meses, en novembro celebraráse un congreso centrado no alzhéimer con expertos de ámbito nacional