AFACO - Asociación Familiares Enfermos de Alzheimer A Coruña

Asóciate

O 40% de casos, sen diagnóstico

A enfermidade de Alzheimer non ten unicamente o grave problema de que non teña cura, senón que se lle suma outro grave inconveniente: un diagnóstico comunmente moi tardío (o que acelera a deterioración dos pacientes).

En España existen unhas 600.000 persoas con Alzheimer, aínda que entre un 30% e un 40% dos casos están sen diagnosticar, segundo a Sociedade Española de Neuroloxía (SEN). Estímase que nos estadios máis leves da enfermidade só hai un 5% dos pacientes que foron recoñecidos por un especialista. «Existe unha confusión na sociedade coa demencia senil. Moitos enfermos non van a consulta porque a súa familia o asocia á idade. Non é así. O envellecemento non leva asociada unha perda de memoria que nos obriga a depender doutras persoas», explica Guillermo García Ribas, coordinador do grupo de estudos de conduta e demencias da SEN. Pero non só son as familias as que tardan. «O sistema está acostumado a pensar que o avó perde a cabeza. Non se reflicte en historiais clínicos e os propios médicos atrasan o diagnóstico. Existe un modelo no que ao maior se lle realizan menos probas xa que se vinculan as enfermidades á idade».

Os neurólogos avogan por rexeitar o uso do concepto de demencia senil porque a idade, en si mesma, non é causa de patoloxías como o Alzheimer, aínda que co envellecemento aumenta a probabilidade de padecela. 

 

Le a nova en Cinco Días.

Hosting por dinahosting.

Nosos centros

Sede social Centro terapéutico Centro de día

©2017 AFACO - Aviso legal - Créditos
Parque San Diego, s/n, Centro Cívico - Baixo, 15006 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 1001
Rúa / Petunias, 33 B, 15008 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 2001
Rúa Salvador de Madariaga nº 87 en A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 3001
ENTIDADE DECLARADA DE UTILIDADE PÚBLICA POLO MINISTERIO DO INTERIOR
Homologado pola Consellaría de Traballo para a impartición de especialidades formativas.

Certificación obtida para : Centro de día c/ Petunias e Centro Terapéutico c/ Salvador de Madariaga.
Certificación de calidad ISO-9001:2008
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar