AFACO - Asociación Familiares Enfermos de Alzheimer A Coruña

Asóciate

O 46,8% da cidadanía galega non marca o recadro de Fins Sociais na declaración da renda

As entidades do terceiro sector galego, representadas por EAPN-Galicia, CERMI-Galicia e a Coordinadora Galega de ONGD, fixeron balance o pasado 12 de abril das cifras recadadas o ano pasado en Galicia mediante a asignación do 0’7% do IRPF ao recadro de Fins Sociais (Actividades de Interese Xeral consideradas de Interese Social). Na rolda de prensa presentouse tamén a campaña X Solidario deste ano, que informa e anima ás persoas contribuíntes para que marquen o recadro de Fins Sociais á hora de facer a súa declaración da renda.

O presidente de EAPN-Galicia, Antonio Hernández Fernández, explicou que «cando se fai a declaración da renda existen catro posibilidades: marcar o recadro de Fins Sociais, marcar o recadro de Fins Sociais e o da Igrexa Católica, marcar só o cadro da Igrexa Católica ou non marcar ningún recadro». No caso de marcar os dous recadros os cartos non se dividen, senón que se multiplican por dous, pero Antonio fixo fincapé na idea de que «é un dereito elixir que queres que se faga cos teus cartos, e non todo o mundo pon en práctica este dereito».

Ademais, o representante de EAPN-Galicia tamén quixo aclarar que cando se marca un recadro os contribuíntes non pagan máis impostos e tampouco lles devolven menos. «Do que hai que pagar na Declaración do IRPF o Estado saca un 0’7% para que ti decidas en que se vai gastar», concluíu. 

O Presidente do CERMI-Galicia, Anxo Queiruga, explicou que os 15.126.914 euros recadados durante o ano pasado son repartidos entre as organizacións sociais polo que, «son un importante instrumento de política social para a loita contra a exclusión social». Ademais disto, o presidente do CERMI-Galicia aclarou que «son moitos os programas e son moitos os beneficios que nos aportan os recursos que veñen a X solidaria, e dende aquí  as entidades que estamos a traballar no terceiro sector pedimos e solicitamos que esa parte da sociedade galega que non marca a X Solidaria, se animen a facelo, porque non hai mellor fin que destinar unha parte dos nosos impostos a mellorar a calidade de vida de centos do persoas».

Gemma Filgueira, presidenta da Coordinadora Galega de ONGD, realizou un balance das cifras acadadas no recadro Fins Sociais durante a declaración da renda presentada o ano pasado. Paz apuntou que «grazas á solidariedade das persoas que destinaron o 0’7% dos seus impostos a esta finalidade obtivéronse 15.126.914» pero engadiu que, «se ese 47% de persoas que só marcan a Igrexa ou que non marcan ningún recadro apostara polo X Solidario, a cifra aumentaría en máis de 11.518.531 euros» «Hai 596.995 galegas e galegos que non marcan o recadro de Fins Sociais, un xesto que non custa nada, e para estas persoas vai dirixida a nosa campaña» subliñou Gemma Filgueira. 

Galería (pulse para ampliar)

Hosting por dinahosting.

Nosos centros

Sede social Centro terapéutico Centro de día

©2017 AFACO - Aviso legal - Créditos
Parque San Diego, s/n, Centro Cívico - Baixo, 15006 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 1001
Rúa / Petunias, 33 B, 15008 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 2001
Rúa Salvador de Madariaga nº 87 en A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 3001
ENTIDADE DECLARADA DE UTILIDADE PÚBLICA POLO MINISTERIO DO INTERIOR
Homologado pola Consellaría de Traballo para a impartición de especialidades formativas.

Certificación obtida para : Centro de día c/ Petunias e Centro Terapéutico c/ Salvador de Madariaga.
Certificación de calidad ISO-9001:2008
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar