AFACO - Asociación Familiares Enfermos de Alzheimer A Coruña

Asóciate

O Alzheimer, unha enfermidade compartida

As demencias non so afectan as persoas que as sofren, senón que é unha doenza que tamén alcanzan ás persoas que rodean ao paciente: O Alzheimer é unha enfermidade compartida.

Por esa razón, co obxectivo de dar a coñecer os aspectos relevantes da enfermidade (sintomatoloxía máis frecuente, tratamentos, primeiros síntomas) e de facer fincapé na importancia de levar hábitos de vida saudables —que redundan tamén na nosa mente— AFACO imparte nos meses de marzo e abril, en seis centros cívicos da cidade da Coruña, senllas charlas divulgativas.

O psicólogo da Asociación de Familiares de enfermos de A Coruña Juan Bonome será o encargado de resolver as dúbidas dos asistentes. Estas charlas pretenden sensibilizar sobre a problemática que carrexa a enfermidade, pero tamén queren subliñar os beneficios de manter unha vida mental activa, mediante a realización de sinxelos exercicios cotiáns.

Así mesmo, daranse a coñecer as diferentes terapias que se aplican aos pacientes que acoden aos nosos centros, así como os servizos con que contan as familias destas persoas.

Os asistentes están invitados a tomar parte activa e a trasladar as súas dúbidas ao psicólogo.

A asistencia é libre e gratuíta até completar aforo.

 

 

Centro cívico de la Ciudad Vieja, 3 de marzo. Horario: 17:30-19:30

Centro cívico de San Diego, 9 de marzo. Horario: 17:00-19:00

Centro cívico de O Castrillón, 10 de marzo. Horario: 17:30-19:30

Centro cívico de Monelos, 31 de marzo. Horario: 18:00-20:00

Centro cívico de Os Mallos, 7 de abril. Horario: 18:00-20:00

Centro cívico de Eirís, 21 de abril. Horario: 17:30-19:30

 

 

Galería (pulse para ampliar)

Hosting por dinahosting.

Nosos centros

Sede social Centro terapéutico Centro de día

©2017 AFACO - Aviso legal - Créditos
Parque San Diego, s/n, Centro Cívico - Baixo, 15006 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 1001
Rúa / Petunias, 33 B, 15008 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 2001
Rúa Salvador de Madariaga nº 87 en A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 3001
ENTIDADE DECLARADA DE UTILIDADE PÚBLICA POLO MINISTERIO DO INTERIOR
Homologado pola Consellaría de Traballo para a impartición de especialidades formativas.

Certificación obtida para : Centro de día c/ Petunias e Centro Terapéutico c/ Salvador de Madariaga.
Certificación de calidad ISO-9001:2008
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar