AFACO - Asociación Familiares Enfermos de Alzheimer A Coruña

Asóciate

O custo sanitario por enfermo de Alzheimer ao ano é de 30.000 euros

Cada enfermo de Alzheimer custa, en España, unha media de 30.000 euros á sanidade pública. A enfermidade neurodexenerativa afecta a máis de 800.000 españois e leva consigo un desgaste físico e psicolóxico tanto para o enfermo coma para a súa familia.

A nivel mundial, os tratamentos sanitarios destinados ao coidado dos enfermos de Alzheimer supoñen un gasto de 604.000 millóns de dólares mentres que en España ascenden 37.000 millóns de euros anuais.

En todo o mundo 44 millóns de persoas sofren Alzheimer, e segundo os expertos prevese que en 2050 chegue a afectar a 135 millóns de persoas. En España, nunha de cada dez casas cun adulto maior de 65 anos hai unha persoa que sofre esta patoloxía, polo que se calcula que 800.000 españois sofren este mal.

Estes datos revelan que só en España, a cifra de afectados vaise incrementando e prevese que en dúas décadas sexan dous millóns de persoas que o sufran, converténdose na enfermidade máis importante do século XXI.

Dende que se diagnostica a enfermidade ata o falecemento do enfermo poden pasar entre 10 e 15 anos xa que se trata dunha enfermidade dexenerativa. Non obstante, poderían reducirse os casos de Alzheimer nun 40% mediante hábitos de vida saudables.

 

Máis información Know Alzheimer

 

Hosting por dinahosting.

Nosos centros

Sede social Centro terapéutico Centro de día

©2017 AFACO - Aviso legal - Créditos
Parque San Diego, s/n, Centro Cívico - Baixo, 15006 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 1001
Rúa / Petunias, 33 B, 15008 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 2001
Rúa Salvador de Madariaga nº 87 en A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 3001
ENTIDADE DECLARADA DE UTILIDADE PÚBLICA POLO MINISTERIO DO INTERIOR
Homologado pola Consellaría de Traballo para a impartición de especialidades formativas.

Certificación obtida para : Centro de día c/ Petunias e Centro Terapéutico c/ Salvador de Madariaga.
Certificación de calidad ISO-9001:2008
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar