AFACO - Asociación Familiares Enfermos de Alzheimer A Coruña

Asóciate

O Pazo de San Paio de Bañobre (Miño) acolleu o 'VIII Encontro de coidadores familiares' de AFACO

  • Persoas que teñen ó seu cargo un familiar con Alzheimer ou demencia tiveron a oportunidade de poñer en común as súas experiencias a través de charlas e obradoiros.
  • O programa incluiu unha actuación do cantautor coruñés Carlos Bau, que xa colaborara con AFACO en anteriores ocasións.

O Pazo de San Paio de Bañobre, no municipio de Miño, acolleu a oitava edición do 'Encontro de coidadores familiares' organizado por AFACO. A través da posta en común das súas experiencias persoais e da realización de diversas actividades, os coidadores puideron, un ano máis, coñecer cómo outros na súa mesma situación afrontan as dificultades que implica o coidado dunha persoa con Alzheimer.

O alcalde de Miño, acompañado por representantes do seu propio equipo e do Concello de Oleiros, foi o encargado de inaugurar este encontro, que incluiu tamén unha actuación do cantautor coruñés Carlos Bau, que xa colaborara con AFACO en anteriores ocasións.

Ó encontro asistiron membros dos grupos de coidadores de Música e Saúde, de AFACO; Coidando emocións, de Oleiros; e Mellorando, de Chantada. Estos grupos serven para que os coidadores compartan actividades que lles axuden a afrontar os sentimentos de soidade e impotencia que, con frecuencia, aparecen asociados ó coidado dun familiar con Alzheimer ou outra demencia.

Os membros dos grupos de coidadores participantes fixeron demostracións do traballo que realizan. Así, os asistentes ó encontro, desfrutaron de artes como a música, a danza e o teatro. Os coidadores familiares que participan nos obradoiros destacaron, como en anteriores ocasións, a importancia das terapias de grupo como axuda para afrontar as dificultades relacionadas coa atención a unha persoa con Alzheimer ou outra demencia.

Galería (pulse para ampliar)

Hosting por dinahosting.

Nosos centros

Sede social Centro terapéutico Centro de día

©2017 AFACO - Aviso legal - Créditos
Parque San Diego, s/n, Centro Cívico - Baixo, 15006 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 1001
Rúa / Petunias, 33 B, 15008 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 2001
Rúa Salvador de Madariaga nº 87 en A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 3001
ENTIDADE DECLARADA DE UTILIDADE PÚBLICA POLO MINISTERIO DO INTERIOR
Homologado pola Consellaría de Traballo para a impartición de especialidades formativas.

Certificación obtida para : Centro de día c/ Petunias e Centro Terapéutico c/ Salvador de Madariaga.
Certificación de calidad ISO-9001:2008
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar