AFACO - Asociación Familiares Enfermos de Alzheimer A Coruña

Asóciate

Organizacións de pacientes, contra os copagamentos

As organizacións españolas de pacientes crónicos máis importantes queremos mostrar publicamente noso rexeitamento frontal á aplicación de novos copagamentos e recortes sociais incluídos no catálogo de 255 propostas de optimización de recursos públicos remitidas polas Comunidades Autónomas ao Ministerio de Facenda e que se discutirán o próximo 31 de xullo no Consello de Política Fiscal e Financeira.

En concreto, as medidas que máis poderían afectar ao colectivo sería o copagamento por asistencia a consulta médica e urxencias, en transporte sanitario ou a implantación en toda España do euro por receita. Por outro banda, inclúen a proposta de ampliar o prazo da entrada en vigor das prestacións asociadas ao recoñecemento do grao 1 de Dependencia, algo que debería incorporarse en xaneiro de 2015, e que de atrasarse prexudicaría a moitas familias que necesitan axuda.

Os pacientes crónicos están a notar os efectos dos copagamentos implantados, segundo mostran os datos do barómetro «Escrónicos», e novas medidas deste tipo poñeríanos nunha situación de serio risco sanitario. Lembramos que hai medidas a medio e longo prazo que aseguran máis a sostibilidade e que non se están a levar a cabo, soportando as consecuencias os cidadáns máis desfavorecidos, como son os pacientes crónicos.

Ademais os pacientes xa veñen soportando numerosos copagamentos e este tipo de mensaxes, non fai senón acentuar a incerteza, das persoas que se encontran esta situación. É fundamental para os pacientes poder acceder á medicación axeitada que se precise e limitar os copagamentos vixentes, os cales rexeitamos, a un teito máximo nos pacientes crónicos.

En todo caso, confiamos en que o Ministerio de Sanidade, tal e como declarou o seu responsable, Ana Mato, rexeite tales propostas xa que vulneraría seriamente os dereitos das persoas con enfermidades crónicas.

 

Entidades asinantes:

 

ADELAAsociación Española de Esclerosis Lateral Amiotrófica

ALCER, Federación Nacional de Asociaciones de Lucha Contra las Enfermedades Renales

ASEM, Federación Española de Enfermedades Neuromusculares

CEAFA, Confederación Española de Asociaciones de Familiares de personas con Alzheimer y otras Demencias

CESIDACoordinadora Estatal de VIH-SIDA

CONARTRITIS, Coordinadora Nacional de Artritis

ESCLEROSIS MÚLTIPLE ESPAÑA, Federación Española para la Lucha contra la Esclerosis Múltiple

FECMA, Federación Española de Cáncer de Mama

FEDE, Federación de Diabéticos Españoles

FEP, Federación Española de Parkinson

FNETH, Federación Nacional de Enfermos y Trasplantados Hepáticos

FUNDACIÓN HIPERCOLESTELOREMIA FAMILIARFundación Hipercolesterolemia Familiar

Hosting por dinahosting.

Nosos centros

Sede social Centro terapéutico Centro de día

©2017 AFACO - Aviso legal - Créditos
Parque San Diego, s/n, Centro Cívico - Baixo, 15006 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 1001
Rúa / Petunias, 33 B, 15008 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 2001
Rúa Salvador de Madariaga nº 87 en A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 3001
ENTIDADE DECLARADA DE UTILIDADE PÚBLICA POLO MINISTERIO DO INTERIOR
Homologado pola Consellaría de Traballo para a impartición de especialidades formativas.

Certificación obtida para : Centro de día c/ Petunias e Centro Terapéutico c/ Salvador de Madariaga.
Certificación de calidad ISO-9001:2008
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar