AFACO - Asociación Familiares Enfermos de Alzheimer A Coruña

Asóciate

Os asistentes ao II Plan de formación en demencias reciben os seus diplomas

As 60 persoas que completaron con éxito o II Plan de formación en demencias de AFACO recolleron o pasado día 12 de xuño os diplomas acreditativos. O acto de clausura contou coa presenza do concelleiro de Servizos Sociais do Concello da Coruña, Miguel Lorenzo, da directora de Acción Social da Fundación Barrié, María Isabel Pérez, e da presidenta da Asociación, María Carmen Martínez Pulleiro.

Esta segunda edición do plan de formación, que se iniciou no mes de xaneiro, incluíu 10 conferencias e dous talleres prácticos, impartidos por profesionais de recoñecido prestixio.

A presidenta de AFACO destacou durante a súa intervención no acto de clausura «a importancia da actualización dos coñecementos» dos coidadores profesionais e familiares que traballan con persoas con algún tipo de demencia. «A Asociación cre firmemente na formación continua como liña estratéxica de traballo e por esa razón seguirá apostando por este tipo de actividades centradas na aprendizaxe e que axudan a mellorar a calidade de vida das persoas con Alzheimer, pero que tamén redundan positivamente nos seus coidadores, profesionais ou familiares», sinalou.

Martínez Pulleiro invitou aos presentes a seguir formándose para así poder coidar mellor» dos seus seres queridos, pero tamén «en beneficio propio».

Por último, a presidenta de AFACO agradeceu á Fundación Barrié e á Fundación Novacaixagalicia a cesión das instalacións onde se impartiu este II Plan de formación en demencias.

Galería (pulse para ampliar)

Hosting por dinahosting.

Nosos centros

Sede social Centro terapéutico Centro de día

©2017 AFACO - Aviso legal - Créditos
Parque San Diego, s/n, Centro Cívico - Baixo, 15006 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 1001
Rúa / Petunias, 33 B, 15008 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 2001
Rúa Salvador de Madariaga nº 87 en A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 3001
ENTIDADE DECLARADA DE UTILIDADE PÚBLICA POLO MINISTERIO DO INTERIOR
Homologado pola Consellaría de Traballo para a impartición de especialidades formativas.

Certificación obtida para : Centro de día c/ Petunias e Centro Terapéutico c/ Salvador de Madariaga.
Certificación de calidad ISO-9001:2008
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar