AFACO - Asociación Familiares Enfermos de Alzheimer A Coruña

Asóciate

Os comerciantes da Zona Obelisco «solidarízanse» con AFACO e levarán a cabo labores de sensibilización

  • Os comercios solidarios adheridos á campaña poderán exhibir adhesivos identificativos
  • A demencia é unha enfermidade que afecta a toda a familia, xa que non só a padece a persoa que a sofre, senón todo o seu ámbito

O presidente da Asociación Zona Comercial Obelisco, Antonio Amor, e a presidenta da Asociación de Familiares de enfermos de Alzheimer e outras demencias da Coruña, Mª Carmen Martínez, ratificaron o pasado 22 de xaneiro de 2015 un convenio de colaboración no marco do proxecto «Comercio solidario co Alzheimer».

Esta iniciativa ten como finalidade sensibilizar da problemática social e sanitaria de enfermidades como as demencias. Para iso, a Asociación Zona Comercial Obelisco invitará aos seus asociados a subscribir un manifesto de apoio ás persoas con Alzheimer e ás súas familias. Deste modo, os establecementos que o desexen poderán facer pública a súa colaboración exhibindo un adhesivo distintivo que recoñecerá a súa condición de «Comercio solidario» con esta enfermidade neurodexenerativa.

O Alzheimer é o tipo de demencia máis prevalente e que afecta en España a 3,5 millóns de persoas de forma directa ou indirecta, dado que esta enfermidade non só afecta a quen a padece, senón tamén ás súas familias. En Galicia, estímase que o 7% dos maiores de 65 anos (máis de 34.000 persoas) son candidatos a sufrir algún tipo de demencia, mentres que na Coruña hai uns 5.000 enfermos de Alzheimer.

Non obstante, estas cifras pronto deixarán de ser válidas xa que o envellecemento paulatino da poboación continúa en ascenso, especialmente en Galicia, polo que todas as previsións apuntan a que o número de afectados se duplicará a medio prazo.

Tal e como sinalou Antonio Amor na rolda de prensa, «o Alzheimer é unha enfermidade que pode afectalo a calquera», xa que non existe forma de previla porque non se coñecen as causas que a desencadean, de aí a importancia de que toda a sociedade comparta o coñecemento, se solidarice, se implique e se comprometa.

A presidenta de AFACO, que cifrou en «uns 30.000 euros» o custo anual, directo e indirecto, que deben soportar as familias de persoas con Alzheimer, reclamou «políticas de Estado» para loitar contra a enfermidade.

AFACO leva 20 anos traballando polo benestar das persoas con demencia e o dos seus coidadores co obxectivo de ofrecer unha atención de calidade as persoas que acoden a diario a algún dos seus tres centros e ás súas familias.

Galería (pulse para ampliar)

Hosting por dinahosting.

Nosos centros

Sede social Centro terapéutico Centro de día

©2017 AFACO - Aviso legal - Créditos
Parque San Diego, s/n, Centro Cívico - Baixo, 15006 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 1001
Rúa / Petunias, 33 B, 15008 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 2001
Rúa Salvador de Madariaga nº 87 en A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 3001
ENTIDADE DECLARADA DE UTILIDADE PÚBLICA POLO MINISTERIO DO INTERIOR
Homologado pola Consellaría de Traballo para a impartición de especialidades formativas.

Certificación obtida para : Centro de día c/ Petunias e Centro Terapéutico c/ Salvador de Madariaga.
Certificación de calidad ISO-9001:2008
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar