AFACO - Asociación Familiares Enfermos de Alzheimer A Coruña

Asóciate

Os especialistas de AFACO realizan labores de sensibilización pública sobre as demencias

Os técnicos especialistas de AFACO participaron nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril, nunha serie de entrevistas radiofónicas en Radio Coruña-Cadena Ser chamada AFACO Responde, dirixida a sensibilizar sobre a enfermidade de Alzheimer e dar a coñecer o labor que realiza a Asociación no seu eido de influencia, na Coruña e a súa área metropolitana.  

O psicólogo Juan Bonome foi o encargado de presentar, a grandes rasgos, que son as demencias.

A terapeuta ocupacional e psicóloga Elena Viqueira falou da importancia da formación continua, coincidiendo co inicio do terceiro plan de formación en demencias impartido nos meses de febreiro e marzo.

Nerey Rey, logopeda, abordou a importancia de traballar a estimulación cognitiva en persoas que se encontran nunha fase inicial da enfermidade.

Ademais, o educador social de AFACO, Dámaso Calvo, fixo un repaso dos programas terapéuticos que ten en marcha a Asociación.

Pola súa banda, a fisioterapeuta Marta López afondou na importancia que adquire a fisioterapia á hora de controlar o avance da demencia, mentres que a traballadora social de AFACO, Patricia Gómez, se centrou en dar a coñecer o seu labor na Asociación. Pablo Lópezavogado, falou da incapacitación xurídica.

A transcripción completa e os audios das entrevistas, cada unha delas de cinco minutos de duración, son accesibles desde esta ligazón.

Hosting por dinahosting.

Nosos centros

Sede social Centro terapéutico Centro de día

©2017 AFACO - Aviso legal - Créditos
Parque San Diego, s/n, Centro Cívico - Baixo, 15006 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 1001
Rúa / Petunias, 33 B, 15008 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 2001
Rúa Salvador de Madariaga nº 87 en A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 3001
ENTIDADE DECLARADA DE UTILIDADE PÚBLICA POLO MINISTERIO DO INTERIOR
Homologado pola Consellaría de Traballo para a impartición de especialidades formativas.

Certificación obtida para : Centro de día c/ Petunias e Centro Terapéutico c/ Salvador de Madariaga.
Certificación de calidad ISO-9001:2008
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar