AFACO - Asociación Familiares Enfermos de Alzheimer A Coruña

Asóciate

Profesionais de AFACO participan en obradoiros de comunicación e asesoría

A formación continua do persoal de AFACO é fundamental para ofrecer unha mellor atención ás persoas con Alzheimer e ás súas familias que acoden aos nosos centros. Por ese motivo, un ano máis, a Asociación impulsa diferentes actividades dirixidas a actualizar os coñecementos dos nosos profesionais.

No primeiro cuadrimestre de 2014, impartíronse as seguintes actividades:

Obradoiro de comunicación
Sábado 29 de marzo, en horario de 10:00 a 14:00
Seminario sobre as habilidades básicas de comunicación para mellorar a interacción coas familias e cos usuarios e para reducir a ansiedade que pode xerar falar en público.
Impartido pola doutora Ana Carvajal, médico de Atención Primaria.

Obradoiro de planificación anticipada de decisións: cuestións éticas e legais
Sábado 26 de abril, en horario de 10:00 a 14:00
Seminario dirixido a orientar as familias e ás propias persoas afectadas en estadios temperáns, acerca da toma de decisións que afecten á súa vida presente e futura.
Impartido por Fernando Márquez, psiquiatra especialista en bioética, e por Pablo Campos, avogado.

 

Galería (pulse para ampliar)

Hosting por dinahosting.

Nosos centros

Sede social Centro terapéutico Centro de día

©2017 AFACO - Aviso legal - Créditos
Parque San Diego, s/n, Centro Cívico - Baixo, 15006 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 1001
Rúa / Petunias, 33 B, 15008 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 2001
Rúa Salvador de Madariaga nº 87 en A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 3001
ENTIDADE DECLARADA DE UTILIDADE PÚBLICA POLO MINISTERIO DO INTERIOR
Homologado pola Consellaría de Traballo para a impartición de especialidades formativas.

Certificación obtida para : Centro de día c/ Petunias e Centro Terapéutico c/ Salvador de Madariaga.
Certificación de calidad ISO-9001:2008
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar