AFACO - Asociación Familiares Enfermos de Alzheimer A Coruña

Asóciate

Películas relacionadas

Siempre Alice

  • Ano: 2014
  • Dirección: Richard Glatzer, Wash Westmoreland
  • Alice Howland (Julianne Moore) está orgullosa da vida que tanto esforzo lle costou construír. Aos cinconta, é profesora de psicoloxía cognitiva en Harvard e unha experta lingüista de sona mundial, cun marido exitoso e tres fillos adultos. Cando comeza a sentirse desorientada, unha tráxica diagnose cambia a súa vida, ao tempo que a súa relación coa súa familia e co mundo, para sempre. Con elegancia e delicadeza, a autora achéganos aos sentimentos das persoas con alzhéimer e as súas familias.
  • Máis información

 

Arrugas

  • Ano: 2011
  • Dirección: Ignacio Ferreras
  • Emilio e Miguel, dous anciáns recluídos nun xeriátrico, fanse amigos. Emilio, que sofre principio de Alzheimer, conta inmediatamente coa axuda de Miguel e doutros compañeiros que tratarán de evitar que vaia a parar á pranta dos desahuciados. O seu disparatado plan tiñe de humor e tenrura o tedioso día a día da residencia, pois para eles vén de comezar unha nova vida. Longametraxe de animación 2D para adultos, baseado no cómic homónimo de Pacto Roca (Premio Nacional de Cómic 2008).
  • Máis información


Cuidadores

  • Ano: 2010
  • Dirección: Oskar Tejedor
  • Os familiares de persoas con enfermidades dexenerativas reúnense varias veces ao longo de ano e medio. Nesas xuntanzas falan dos seus tremores, das súas experiencias e, sobre todo, aprenden a relativizar as duras e, as veces, embarazosas situacións que deben afrontar cada día. Os membros do grupo son conscentes da súa inestabilidade emocional e da súa necesidade de ser escoitados. Ao mesmo tempo, o seguimento persoalizado de cada un destes coidadores nos seus propios domicilios permite reflectir a súa realidade persoal, familiar e social cotidiá.
  • Máis información


Las Buenas Hierbas

  • Ano: 2011
  • Dirección: María Novaro
  • Dalia vive co seu fillo pequeno Cosmo, separada do seu home. Traballa nunha estación de radio alternativa –«aínda que non vive diso»–. A súa vida cambia cando ten que confrontar o Alzheimer prematuro que lle diagnostican a Lala, a súa nai, bióloga entnobotánica da UNAM.
  • Máis información


La caja de Pandora

  • Ano: 2008
  • Título original: Pandoranin kutusu
  • Dirección: Yesim Ustaoglu
  • A gañadora da Conxa de ouro do Festival de Cinema de San Sebastián narra o drama dunha muller maior que é trasladada da súa casa da montaña á cidade porque padece a enfermidade de Alzheimer. Os seus fillos descubrirán canta mella fixo o tempo na súa relación familiar.
  • Máis información


¿Y tú quién eres?

  • Ano: 2007
  • Dirección: Antonio Mercero
  • Unha película española dirixida por Antonio Mercero. Ricardo é aloxado nunha residencia para anciáns mentres a súa familia pasa fóra da cidade as vacacións. Alí aparecen os primeiros síntomas da enfermidade do Alzheimer.
  • Máis información


Sacrificios del corazón

  • Ano: 2007
  • Título original: Spring Thaw
  • Dirección: David S. Cass Sr.
  • Kate Weston é unha avogada especializada na defensa de menores e desvencellada da súa familia dende que iniciou a súa prometedora carreira. Un día recibe a chamada do seu irmán informándolle de que o seu pai padece Alzheimer. Á vez, ten que encargarse da defensa dunha menor acusada de abandoar na rúa o seu bebé recén nacido e mentres tanto sinte que está na obriga de visitar ao seu proxenitor.
  • Máis información


Lejos de ella

  • Ano: 2006
  • Título original: Away from her
  • Dirección: Sarah Polley
  • Fiona e Grant é unha parella de Ontario que leva máis de 40 anos casada, pero o Alzheimer irrumpe na vida de Fiona e teñen que adaptarse ao cambio. Ela ingresa nunha clínica especializada na que os primeiros 30 día non pode recebir visitas.
  • Lejos de ella


El diario de Noa

  • Ano: 2004
  • Título original: The notebook
  • Dirección: Nick Cassavetes
  • O diario de Noa trasladanos a dúas historias paralelas. Dunha banda, o nacemento do amor xuvenil entre un home e unha muller provenentes de clases sociais moi diferentes nos anos 40. Doutra banda, vemos como un home lle conta a devandita historia a unha muller, enferma de Alzheimer.
  • Máis información


Iris

  • Ano: 2001
  • Dirección: Richard Eyre
  • Unha novelista que foi una moza vibrante e cunha gran vitalidade padece Alzheimer, unha enfermidade que a va reducindo até se converter nun vestixio do que foi. O seu devoto home fará a súa travesía un pouco máis doada.
  • Máis información


El hijo de la novia

  • Ano: 2000
  • Dirección: Juan José Campanella
  • Posiblemente, unha das películas máis coñecidas sobre a enfermidade do Alzheimer. Rafael, un home de trinta anos, leva unha vida estresada ao servizo dun restaurante que herdou da súa familia. Un día, o seu pai, Nino, comunícalle que vai casar pola Iglesia con Norma, a súa nai, enferma de Alzheimer, para cumprir un vello soño de xuventude. Este feito, unido a outros acontecementos inesperados, obríganlle a replantarse a súa vida.
  • Máis información


Un camino hacia la luz

  • Ano: 1999
  • Título original: Forget me never
  • Dirección: Robert Allan Ackerman
  • Unha muller, tras continuas perdas de memoria e algúns desvanecementos e mareos, é diagnosticada de Alzheimer prematuro. Tras sufrir unha depresión profunda e ocultar a súa enfemidade ao seus, reacciona e entra en contacto con outros enfermos na súa situación facendo fronte á súa enfermidade.
  • Máis información


La hora del adiós

  • Ano: 1997
  • Título original: Time to say goodbye
  • Dirección: David Jones
  • O doutor Gerald Klooster sofre Alzheimer e é conscente do proceso dexeneratuvo e irreversíbel no que se atopa. Malia todo, non quere ir a unha clínica especializada e é a súa muller a que ten, nun primeiro momento, que coidarlle. Gerald esté disposto a quitarse a vida.
  • Máis información


¿Te acuerdas del amor?

  • Ano: 1985
  • Título original: Do you remember love?
  • Dirección: Jeff Bleckner
  • É a historia de Barbara Wyatt-Hollis, unha profesora de inglés que recibe a noticia de que padece Alzheimer, con todo o maremágnum de sensacións posteriores. A película trata de amosar que é posíble educar aos familiares para que aprendan a convivir coa enfermidade.
  • Máis información

Hosting por dinahosting.

Nosos centros

Sede social Centro terapéutico Centro de día

©2017 AFACO - Aviso legal - Créditos
Parque San Diego, s/n, Centro Cívico - Baixo, 15006 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 1001
Rúa / Petunias, 33 B, 15008 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 2001
Rúa Salvador de Madariaga nº 87 en A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 3001
ENTIDADE DECLARADA DE UTILIDADE PÚBLICA POLO MINISTERIO DO INTERIOR
Homologado pola Consellaría de Traballo para a impartición de especialidades formativas.

Certificación obtida para : Centro de día c/ Petunias e Centro Terapéutico c/ Salvador de Madariaga.
Certificación de calidad ISO-9001:2008
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar