AFACO - Asociación Familiares Enfermos de Alzheimer A Coruña

Asóciate

Perder a memoria antes dos 60

A idade de xubilación quédalles lonxe, moitos nin sequera cumpriron os 60 anos e xa experimentan síntomas similares aos pacientes de Alzheimer. Son os afectados pola demencia frontotemporal, un trastorno neurodexenerativo que provoca perda de memoria, mobilidade ou linguaxe. Non son casos puntuais. Galicia conta con máis de 63.000 persoas con demencia e calcúlase que o 10% están afectados por esta demencia e non teñen máis de 65 anos. Malia que os síntomas son parecidos aos do Alzheimer -que segue sendo a demencia máis frecuente na poboación- esta enfermidade en 'mozos' avanza máis rapidamente que en maiores xa que os fármacos non son tan eficaces. Na Coruña hai polo menos unha decena de casos.

En xuño de 2007, cando contaba con tan só 57 anos, Consuelo recoñeceu a súa familia que tiña problemas para contar as moedas, para os cambios nas tendas. Foi o primeiro síntoma dunha patoloxía que se confirmou pouco tempo despois: demencia frontotemporal, unha doenza que afecta principalmente a menores de 65 anos. "É unha patoloxía que afecta ao lóbulo frontal do cerebro e que, dende o principio, fai que vaian perdendo mobilidade e que lles afecta tamén ao fala ", sinala o seu marido, Manuel Buceta, quen recoñece que enfrontarse a esta situación é, nalgunhas fases, "moi duro" e que moitas veces as familias precisan "dunha moral moi alta, dun empuxón".

 

Lea o artigo íntegro en La Opinión de A Coruña

Galería (pulse para ampliar)

Hosting por dinahosting.

Nosos centros

Sede social Centro terapéutico Centro de día

©2017 AFACO - Aviso legal - Créditos
Parque San Diego, s/n, Centro Cívico - Baixo, 15006 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 1001
Rúa / Petunias, 33 B, 15008 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 2001
Rúa Salvador de Madariaga nº 87 en A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 3001
ENTIDADE DECLARADA DE UTILIDADE PÚBLICA POLO MINISTERIO DO INTERIOR
Homologado pola Consellaría de Traballo para a impartición de especialidades formativas.

Certificación obtida para : Centro de día c/ Petunias e Centro Terapéutico c/ Salvador de Madariaga.
Certificación de calidad ISO-9001:2008
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar