AFACO - Asociación Familiares Enfermos de Alzheimer A Coruña

Asóciate

Política de calidade

A Xunta Directiva de AFACO, na súa xuntanza en data 31 de maio de 2011, acorda por unanimidade:

Primeiro.- Comunicar a todo o persoal laboral da organización, o firme compromiso da Xunta Directiva co impulso dun Sistema de Xestión de Calidade, así como coa mellora continua do traballo da organización.

Segundo.- Compartir con todos os profesionais da organización o convencemento de que a satisfacción das necesidades dos usuarios dos Centros de AFACO e as súas familias, o cumprimento das esixencias legais e regulamentarias das entidades que os financian e a aposta por un sistema de xestión que garanta a actualización continua e a mellora permanente, constitúen a mellor garantía de futuro para a nosa organización e a súa mellor achega ao cumprimento da súa función social.

Terceiro.- Estabelecer como obxectivos básicos de calidade, e en consonancia coa misión de AFACO, os que se definen a continuación:

AFACO é unha organización sen ánimo de lucro dedicada a mellorar a vida das persoas afectadas por unha demencia e a das súas familias mediante unha atención integral persoalizada de calidade constrastada, para iso declara como obxectivos permanentes.

  • Prestar asistencia psicolóxica e moral aos familiares das persoas enfermas de Alzheimer.
  • Asesorar aos familiares das persoas enfermas de Alzheimer en cuestións legais, sociolóxicas e económicas.
  • Proporcionar e difundir nos medios de comunicación todo o relativo á posible diagnose da enfermidade e terapia da mesma, co obxecto de facilitar a asistencia adecuada.
  • Facilitar, mellorar e controlar a asistencia aos enfermos para mellorar a súa calidade de vida ao máximo posible.
  • Estimular os estudos sobre a incidencia, evolución terapéutica e posible etioloxía sobre a enfermidade.
  • Instar aos diversos estamentos públicos a prestar unha maior atención ás persoas enfermas de Alzheimer e aos seus coidadores e familiares.
  • Manter os contactos adecuados coas entidades e asociacións dedicadas ao estudo da enfermidade, dentro e fóra de España, co propósito de estar ao día nos avances científicos que se produzan nesta materia, para así poder informar aos familiares das persoas enfermas.

Cuarto.- Estabelecer como parte integrante na orde do día das xuntanzas da Xunta Directiva, a aprobación do proceso documentado de xestión de calidade, así como a súa revisión cunha frecuencia de polo menos unha vez ao ano, avaliando o funcionamento do sistema e impulsando de acordo coa información recibida, as correccións e as melloras necesarias.

Quinto.- Declarar o seguimento do manual de calidade vixente en cada momento, así como dos seus documentos complementarios como parte integrante das obrigas profesionais das persoas que exercen a súa actividade profesional en AFACO.

Esta política maniféstase nos compromisos que a Asociación pretende cos seus grupos de interese:

Usuarios:
  • Ofrecer un trato digno e respectuoso, garantindo a atención e a consecución das súas necesidades elementais
  • Garantir a súa intimidade e confidencialidade
  • Favorecer a súa integración nun espazo rehabilitador e preventivo, adecuado ao estadio evolutivo da enfermidade, a través dunha intervención interdisciplinar.
  • Facilitar o mantenmento das capacidades físico-cognitivas da persoa afectada por unha demencia, durante o maior tempo posible, incrementando así a posibilidade de permanencia na súa contorna habitual..
  • Ofrecer atención persoal.
Familias:
  • Facilitar un espazo de información e formación.
  • Trato cordial, afable e digno.
  • Fomentar a implicación das familias e a comunicación coas doutras asociacións nun clima de intercambio de experiencias.
  • Facilitar a normalización da vida familiar (programas formativos, terapéuticos, de ocio, etc.).

Persoal laboral e alumnos en prácticas:

  • Ofrecer un espazo de información e formación continua.
  • Facilitar a promoción interna, o recoñecemento e ofrecer un salario acorde ao posto e á responsabilidade.
  • Fomentar o traballo en equipo conforme aos protocolos de actuación de calidade, en consonancia coa filosofía da Asociación.

Clientes externos (Administración /Financiadores /Provedores /Colaboradores):

  • Transparencia total.
  • Xestión eficiente.
  • Cumprimento da normativa vixente.
  • Garantir e esixir unha boa xestión e servizo.
  • Ofrecer e recibir produtos acordes coa normativa vixente.

Ademais, a Asociación, con relación a outros grupos de interese, comprométese:

  • Á participación e formación de alumnado en prácticas que pretenda desenvolver a súa actividade profisional no eido da atención ás demencias.
  • Ao desenvolvemento de alianzas de colaboración e de intercambio de información con outras entidades.
  • Á oferta, aos medios de comunicación, de espazos de debate e formación.

A política de calidade han de ser comunicada a toda a organización mediante:

  • A exposición do documento nun lugar visíbel, para que poida ser consultada tanto polos usuarios coma polas familias, persoal laboral ou clientes externos.
  • Entrega do documento na acollida de novos profesionais que se incorporan ao servizo.

Calquera cambio na política de calidade debe ser comunicada a todas as persoas da organización.

Adxuntos

Hosting por dinahosting.

Nosos centros

Sede social Centro terapéutico Centro de día

©2017 AFACO - Aviso legal - Créditos
Parque San Diego, s/n, Centro Cívico - Baixo, 15006 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 1001
Rúa / Petunias, 33 B, 15008 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 2001
Rúa Salvador de Madariaga nº 87 en A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 3001
ENTIDADE DECLARADA DE UTILIDADE PÚBLICA POLO MINISTERIO DO INTERIOR
Homologado pola Consellaría de Traballo para a impartición de especialidades formativas.

Certificación obtida para : Centro de día c/ Petunias e Centro Terapéutico c/ Salvador de Madariaga.
Certificación de calidad ISO-9001:2008
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar