AFACO - Asociación Familiares Enfermos de Alzheimer A Coruña

Asóciate

Por que é necesario coidar ao coidador?

As tarefas de coidado e atención dun paciente é un labor que pode chegar a ser esgotador, pero cando a persoa enferma ten Alzheimer, a dificultade é aínda maior. Se a iso se lle engade que se trata dun familiar, a carga emocional pode chegar a ser enorme porque ao esgotamento se une a preocupación, o que adoita dexenerar nunha situación de estrés continuado.

Esta situación de estrés permanente que padece o coidador familiar traerá consigo problemas para conciliar o sono, alteracións no peso, fatiga e irritabilidade, entre outras, e que a medio e longo prazo vai facilitar a aparición de enfermidades psicosomáticas. Unha das maiores dificultades ás que debe facer fronte un coidador adoita ser a súa propia falta de coidado, con tendencia a desatenderse socialmente e até persoalmente, por dedicar todas as horas a estar co familiar que padece Alzheimer.

A diferenza do coidador profesional, que cando remata a súa xornada de traballo, se vai «tranquilamente» á casa, cando o enfermo se trata dun familiar, non existe esa desconexión. Ademais da propia preocupación polo paciente, o resto de familiares prémeno para que «non o perda de vista», en vez de animalo para que se despexe e poder así ofrecer unha mellor atención.

O coidador non profesional, ademais, ten pesar constante de non saber se aquilo que fai serve para algo, coñecendo que o Alzheimer é unha enfermidade que vai progresivamente deteriorando a saúde física e mental do familiar.

 

Lee todo o artigo no blog de Juan Moisés de la Serna.

Infórmate dos talleres de AFACO para coidadores familiares.

 

Hosting por dinahosting.

Nosos centros

Sede social Centro terapéutico Centro de día

©2017 AFACO - Aviso legal - Créditos
Parque San Diego, s/n, Centro Cívico - Baixo, 15006 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 1001
Rúa / Petunias, 33 B, 15008 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 2001
Rúa Salvador de Madariaga nº 87 en A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 3001
ENTIDADE DECLARADA DE UTILIDADE PÚBLICA POLO MINISTERIO DO INTERIOR
Homologado pola Consellaría de Traballo para a impartición de especialidades formativas.

Certificación obtida para : Centro de día c/ Petunias e Centro Terapéutico c/ Salvador de Madariaga.
Certificación de calidad ISO-9001:2008
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar