AFACO - Asociación Familiares Enfermos de Alzheimer A Coruña

Asóciate

Programas

 

AFACO ten en marcha, nos seus tres centros, diferentes programas centrados na estimulación cognitiva (orientación á realidade, estimulación cognitiva con axuda das novas tecnoloxías), pero tamén dirixidos a fomentar a calidade de vida dos nosos usuarios e centrados no fomento das actividades da vida diaria.

Posto que o benestar dos coidadores supón unha preocupación constante para a Asociación, as familias tamén poden participar en actividades consideradas de respiro, pensadas como un tempo de descanso no coidado diario dos pacientes (talleres de musicoterapia e de teatro).

 

  • PROGRAMAS PARA PACIENTES

Activa-T. Poden participar persoas que se atopan nunha fase demasiado inicial da enfermidade, pero que non poden seguir o ritmo habitual dos tradicionais talleres de memoria. A intervención deste programa fundaméntase nos numerosos estudos que demostran que manter unha vida social e intelectual activa, atrasa a aparición dos síntomas da enfermidade de Alzheimer en suxeitos con deterioración cognitiva leve, á vez que enlentece a evolución desta patoloxía en persoas xa diagnosticadas, sobre todo nas fases iniciais.

Estimulación por computador Gradior. Estimulación cognitiva por computador, apta para a súa aplicación en grupo.

Taller de viaxes virtuais. Permite que os participantes se penetren no coñecemento de diferentes cidades (gastronomía, cultura...) co obxectivo de realizar unha estimulación integral das súas funcións cognitivas.

Teño algo que contarche. En colaboración coa escola municipal infantil dos Rosales, este proxecto interxeracional promove a interacción entre grupos de persoas de diferentes idades. O programa achega aos adultos aos cambios culturais e sociais continuos do noso tempo, en parte grazas ao contacto cos menores (de ata tres anos), e inclúe actividades lúdicas. Tamén se realizan periodicamente actividades conxuntas como o envío de cartas, debuxos, contacontos.

Saídas culturais e urbanas. Participación activa dos usuarios dos centros de AFACO nas actividades da vida cultural e de lecer que ofrece a cidade da Coruña.

Retrincos da memoria. En colaboración co Museo de Belas Artes da Coruña, efectúanse visitas semanais que viran ao redor de temáticas relacionadas co mundo da arte. O obxectivo deste programa é estimular os sentidos utilizando como ferramenta sobre todo a pintura. 

LembrArte. Lévase a cabo no Museo de Arte Contemporánea Unión Fenosa (MAC) e está pensado para estimular a memoria e as habilidades cognitivas dos participantes. 

O cerebro de Kant. O programa desenvólvese no Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía co fin de achegar a ciencia e a tecnoloxía a persoas coa enfermidade de Alzheimer.

Obradoiro de informática. Impartido pola Asociación de Voluntarios de Informática de Galicia, no centro sociocomunitario da Obra Social da Caixa, e ideado co obxectivo de que as persoas maiores, afectadas dalgún tipo de demencia, perdan o medo ás novas tecnoloxías, aprendan a usar un computador e a navegar por internet.

Cóntoche un conto, avó. Os usuarios do centro terapéutico de Salvador de Madariaga reciben periodicamente a visita de estudantes dispostos a contarlles un conto. Trátase dun cambio de papeis, dado que habitualmente son os adultos os que contan os contos aos nenos, que beneficia a nenos e a maiores.

Obradoiro de cociña. Este programa abarca todo o proceso de elaboración de pratos sinxelos, desde a compra dos ingredientes no supermercado ata que o produto preparado está listo para o seu consumo. Todo iso con supervisión profesional continua. 

 

  • PROGRAMAS PARA COIDADORES FAMILIARES 

Musicoterapia. Sérvese da música para restablecer, manter ou mellorar a saúde física, psíquica e emocional das persoas e proporciona as ferramentas necesarias para facilitar a adaptación á contorna. Estes obradoiros están orientados a restar protagonismo ao peso que a enfermidade ten na vida cotiá do coidador. Trátase dun «momento para os que coidan».

Obradoiro de teatro. Os riscos para a saúde da denominada síndrome do coidador poden derivar nun problema grave, que repercute na saúde física emocional e mental. Os talleres de teatro para coidadores permiten compartir risas, tristezas e axudan a deixar atrás a carga que supón atender a unha persoa con demencia.

Galería (pulse para ampliar)

Hosting por dinahosting.

Nosos centros

Sede social Centro terapéutico Centro de día

©2017 AFACO - Aviso legal - Créditos
Parque San Diego, s/n, Centro Cívico - Baixo, 15006 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 1001
Rúa / Petunias, 33 B, 15008 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 2001
Rúa Salvador de Madariaga nº 87 en A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 3001
ENTIDADE DECLARADA DE UTILIDADE PÚBLICA POLO MINISTERIO DO INTERIOR
Homologado pola Consellaría de Traballo para a impartición de especialidades formativas.

Certificación obtida para : Centro de día c/ Petunias e Centro Terapéutico c/ Salvador de Madariaga.
Certificación de calidad ISO-9001:2008
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar