AFACO - Asociación Familiares Enfermos de Alzheimer A Coruña

Asóciate

Síntomas

FASE 1

  • A persoa comeza a esquecer feitos recentes, o que reflicte unha alteración da memoria a curto prazo.
  • Pode que lle resulte complicado nomear algún obxecto de uso pouco frecuente ou lembrar o nome dalgunha persoa que hai tempo que non ve.
  • Poden esquecer a data que é, o que reflicte unha afectación da orientación temporal.
  • Pode sentirse desorientado en lugares coñecidos, pero non frecuentados.
  • Comezan a xurdir dificultades para realizar algunhas das actividades instrumentais da vida diaria, como manexar diñeiro, realizar compras, tomar a medicación, utilizar o teléfono por iniciativa propia, cociñar, realizar as tarefas domésticas...

FASE 2

  • Comeza a non ser quen de lembrar o nome dalguns dos seus familiares máis achegados.
  • Está desorientado en tempo e espazo, polo que é preciso evitar posíbeis perdas fóra do seu domicilio.
  • Necesita supervisión para as actividades básicas da vida diaria (vestirse, bañarse, episodios de incontinencia urinaria).
  • Dificultades para comunicarse, síntoma que se coñece co nome de "afasia".
  • Pode que se paseen horas detrás dos seus coidadores. Aparece inquietude.
  • • Poden aparecer alteracións conductuais (confusión, alteración do ritmo sono-vixía), ideas delirantes ("a xente róubame cousas", "esta non é a miña casa", "o meu cónxuxe é infiel"...) e alucionacións (fundamentalmente visuais e auditivas).

FASE 3

  • Perda da capacidades para comunicarse verbalmente, xa que comprende moi pouco do que lle dicimos e apenas é quen de expresar o que desexa.
  • É incapaz de secuenciar manobras manuais para executar calquera acto, polo que non pode comer por sisó.
  • Non controla nin a urina nin as feces.
  • En ocasións, non pode nin camiñar.

Hosting por dinahosting.

Nosos centros

Sede social Centro terapéutico Centro de día

©2017 AFACO - Aviso legal - Créditos
Parque San Diego, s/n, Centro Cívico - Baixo, 15006 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 1001
Rúa / Petunias, 33 B, 15008 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 2001
Rúa Salvador de Madariaga nº 87 en A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 3001
ENTIDADE DECLARADA DE UTILIDADE PÚBLICA POLO MINISTERIO DO INTERIOR
Homologado pola Consellaría de Traballo para a impartición de especialidades formativas.

Certificación obtida para : Centro de día c/ Petunias e Centro Terapéutico c/ Salvador de Madariaga.
Certificación de calidad ISO-9001:2008
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar