A Xunta de Galicia entrega 12 locais do Espazo Amizar a entidades sociosanitarias entre as que está AFACO Nun acto celebrado nos últimos días o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado pola delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, formalizaron a entrega de doce locais situados na terceira planta do Espazo Amizar a 14 entidades coruñesas que operan no ámbito sociosanitario, entre elas a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e Demencias da Coruña (AFACO). Estas organizacións resultaron beneficiarias dunha convocatoria pública aberta en maio e cuxa resolución foi publicada o 23 de xullo no Diario Oficial de Galicia. A maioría xa foran adxudicatarias na convocatoria anterior de 2022, o que reflicte un compromiso renovado cara ao seu traballo. A cesión ten unha duración de catro anos e forma parte do compromiso institucional da Xunta por propiciar o tecido asociativo da Coruña e garantir que as entidades conten con espazos adecuados para desempeñar o seu labor sociosanitario. O Espazo Amizar, cunha superficie aproximada de 6.000 m², é resultado da rehabilitación da antiga sede da Xunta para Sanidade na Coruña. O proxecto supuxo no seu día un investimento de sete millóns de euros, e integra oficinas administrativas, unha oficina de emprego e os locais destinados a organizacións de acción social sen ánimo de lucro. Que supón para AFACO Para AFACO, dispoñer dun local no Espazo Amizar é importante, pois proporciona unha maior accesibilidade e presenza, nunha localización consolidada como referente social na cidade, ademais das sinerxias de poder compartir sede con outras entidades sociosanitarias. Tamén nos achega un espazo adaptado para o desenvolvemento de actividades, programas e servizos dirixidos a persoas con demencias e as súas familias. E o reforzo á súa proxección futura, aliñada coa súa misión de prestar acompañamento, asesoramento e atención psicolóxica a diario na Coruña. Entidades beneficiarias As organizacións que compartirán os 12 locais con AFACO nesta nova etapa son as seguintes: Balance e impacto Para a nosa entidade, a dotación deste espazo non só supón melloras loxísticas senón tamén simbólicas: reforza o seu posicionamento como entidade local comprometida e preparada para seguir crecendo en servizo ás persoas con demencia e as súas familias. Ademais, para poder levar a cabo o noso labor, é fundamental o apoio de todas as institucións que están presente no noso ámbito de actuación, que é A Coruña e a súa área metropolitana.


