Programa de Respiro Familiar 2025

A continuación explicamos cales son os requisitos e modalidades das axudas para o respiro familiar de coidadores non profesionais, con dependentes a cargo. O prazo para solicitalas termina o 15 de outubro. En que consiste O seu obxectivo principal é manter ás persoas en situación de dependencia ou discapacidade na súa contorna habitual, mentres se ofrece ao seu coidador/a principal a posibilidade de dispoñer duns días para o seu descanso, manter a súa vida familiar, social, de lecer e tempo libre, mentres que á persoa á que coidan é atendida nun centro residencial. Requisitos da persoa dependente Ter recoñecida unha discapacidade física, psíquica ou mental con necesidade de axuda de terceiras persoas para as actividades da vida diaria, e que esta sexa igual ou superior ao 75% Ter recoñecida unha situación de dependencia de grao II ou III No caso de non ter recoñecida nin discapacidade nin dependencia, debe presentarse unha situación de necesidade de terceiros para as actividades da vida diaria, acreditada mediante informe médico e social. Modalidades de Respiro Familiar → Respiro en centro de día Consiste nunha axuda económica para contribuír ao pagamiento do servizo temporal de Centro de Día e que este supoña unhas horas de descanso para a persoa coidadora. Este servizo terá que ser prestado por unha entidade rexistrada no Rexistro Único de Prestacións de Servizos Sociais (RUEPSS) e con autorización para prestación do devandito servizo. A axuda económica poderá chegar ao 100%, por un máximo de 1.000€ por persoa/ano.. → Respiro en residencia Consiste nunha axuda económica para contribuír ao pagamiento dun Centro Residencial temporal e que este supoña unhas horas de descanso para a persoa coidadora. Sufragará gastos de estancias temporais atendida nun centro residencial que será prestado por unha entidade rexistrada no Rexistro Único de Prestacións de Servizos Sociais (RUEPSS). Os servizos que inclúe son: – Aloxamento e manutención completa en cuartos dobres adecuados ás limitacións e necesidades das persoas atendidas. – Menú segundo supervisión médica. ou Atención integral: coidado persoal, control e protección, axuda para as actividades da vida diaria. – Atención médica, psicolóxica e social. A axuda económica poderá chegar ao 100%, por un máximo de 1.500€ por persoa/ano. Prazo de Presentación O prazo de presentación das solicitudes estará aberto ata o 15 de outubro de 2025, podendo gozar deste servizo ata o 21 de novembro de 2025. Para realizar a solicitude poderase facer mediante a sede electrónica da Xunta de Galicia. Tamén se pode realizar mediante a Traballadora Social de referencia ou entregándoa presencialmente nos rexistros habilitados. → Respiro no fogar Consiste nunha axuda económica para contribuír ao pagamiento do servizo temporal de atención en domicilio. Este servizo terá que ser prestado por unha entidade rexistrada no Rexistro Único de Prestacións de Servizos Sociais (RUEPSS) ou ofrecelo un persoal legalmente acreditado. As tarefas do servizo consistirán en: – Asistencia para levantarse e deitarse. ou Apoio no coidado e hixiene persoal, así como para vestirse. – Control da alimentación e axuda para a mesma se se require. ou Supervisión, se procede, de toma de medicación prescrita. – Apoio para cambios posturales, mobilizacións e orientación espaciotemporal. – Apoio a persoas afectadas por problemas de incontinencia. – Calquera outra tarefa implícita no desenvolvemento das anteriores. A axuda económica poderá chegar ao 100%, por un máximo de 1.000€ por persoa/ano.. Documentación a Presentar – Anexo I – Solicitude. – Anexo II – Comprobación de datos de terceiras persoas interesadas. – Informe Social (cando NON exista recoñecemento de grao de dependencia). – Informe médico (cando NON exista recoñecemento de grao de dependencia). – Copia de contrato de prestación de servizos (de axuda en domicilio, de centro de día ou de residencia, con data de inicio e fin de contrato, preferiblemente, e a nome da persoa coidadora). – Declaración responsable da persoa coidadora da situación de respiro ou descanso persoal. – Certificado do grao de discapacidade da persoa dependente. – Declaración responsable ou documento que acredite o vínculo familiar da persoa coidadora e a persoa dependente. Xustificación Notificada a resolución, deberase achegar a seguinte documentación, que deberá ser remitida con data límite o 1 de decembro de 2025: – Anexo IV – Solicitude de pago. – Copia das facturas acreditativas dos gastos a nome da persoa coidadora (nome e DNI) e onde conste expresamente a identificación da persoa dependente (nome e DNI), o día e as horas nas que se prestou o servizo e o nome ou NIF da persoa, empresa ou entidade que presta o servizo. – Xustificantes bancarios que acrediten o pago da factura. Acéptase a xustificación de pago en efectivo mediante un recibo da persoa provedora asinando sobre a factura, con indicación do nome e apelidos de quen recibe os fondos e o seu DNI. – Declaración responsable da persoa coidadora da situación de respiro ou descanso persoal. Ante calqueira dúbida podedes contactar connosco no teléfono 981 205 858 ou por correo electrónico en contacto@afaco.es

Formación en atención sociosanitaria a dependentes

Estes días reunímonos con responsables do concello de Cambre e técnicos do municipio para avanzar no desenvolvemento do “PROXEDIS SOCIO Sanitario-Educativo II”. A iniciativa busca contribuír á formación de persoas desempregadas nun sector de gran dimensión social como é a atención a persoas dependentes. Con tal motivo, María Yolanda Díaz Baldomir e Ramón Boga Moscoso como representantes da corporación, participaron nun encontro con Elisa Catoira e Elena Viqueira, responsables dos órganos de xestión de AFACO, para implementar detalles da renovación deste convenio. Durante os próximos meses, alumnos dos talleres de emprego locais, realizarán prácticas na nosa entidade, con idea de adquirir formación na atención que se desenvolve no sector socioasanitario.