Convenio para o respiro familiar

No ano 2025 asinamos un novo Convenio de Colaboración entre a Asociación de Familiares de enfermos de Alzheimer e o Concello da Coruña, para o financiamento do Servizo de Respiro Familiar e Apoio para a promoción da autonomía persoal de persoas afectadas pola enfermidade de alzhéimer. Recursos como este facilitan ás persoas coidadoras, normalmente da contorna familiar do paciente, un espazo para soportar a súa fatiga física e emocional, á vez que lles permite poder dedicar algo de tempo a outras actividades que son necesarias para o seu benestar. Este programa supón dispoñer dun espazo físico e permanente de atención, información e orientación en canto a dereitos e tramitación de recursos sociais dirixidos a persoas con dependencia e as súas familias;  informar, orientar e asesorar de maneira integral acerca da enfermidade, así como prestar apoio psicolóxico aos familiares de persoas con Alzheimer. Ademais, a actuación ten como obxectivo principal mellorar a calidade de vida das persoas con alzhéimer e as súas familias, asesorando sobre cuestións sociais, emocionais e legais, favorecendo o acceso aos recursos existentes.

Programa de Respiro Familiar 2025

A continuación explicamos cales son os requisitos e modalidades das axudas para o respiro familiar de coidadores non profesionais, con dependentes a cargo. O prazo para solicitalas termina o 15 de outubro. En que consiste O seu obxectivo principal é manter ás persoas en situación de dependencia ou discapacidade na súa contorna habitual, mentres se ofrece ao seu coidador/a principal a posibilidade de dispoñer duns días para o seu descanso, manter a súa vida familiar, social, de lecer e tempo libre, mentres que á persoa á que coidan é atendida nun centro residencial. Requisitos da persoa dependente Ter recoñecida unha discapacidade física, psíquica ou mental con necesidade de axuda de terceiras persoas para as actividades da vida diaria, e que esta sexa igual ou superior ao 75% Ter recoñecida unha situación de dependencia de grao II ou III No caso de non ter recoñecida nin discapacidade nin dependencia, debe presentarse unha situación de necesidade de terceiros para as actividades da vida diaria, acreditada mediante informe médico e social. Modalidades de Respiro Familiar → Respiro en centro de día Consiste nunha axuda económica para contribuír ao pagamiento do servizo temporal de Centro de Día e que este supoña unhas horas de descanso para a persoa coidadora. Este servizo terá que ser prestado por unha entidade rexistrada no Rexistro Único de Prestacións de Servizos Sociais (RUEPSS) e con autorización para prestación do devandito servizo. A axuda económica poderá chegar ao 100%, por un máximo de 1.000€ por persoa/ano.. → Respiro en residencia Consiste nunha axuda económica para contribuír ao pagamiento dun Centro Residencial temporal e que este supoña unhas horas de descanso para a persoa coidadora. Sufragará gastos de estancias temporais atendida nun centro residencial que será prestado por unha entidade rexistrada no Rexistro Único de Prestacións de Servizos Sociais (RUEPSS). Os servizos que inclúe son: – Aloxamento e manutención completa en cuartos dobres adecuados ás limitacións e necesidades das persoas atendidas. – Menú segundo supervisión médica. ou Atención integral: coidado persoal, control e protección, axuda para as actividades da vida diaria. – Atención médica, psicolóxica e social. A axuda económica poderá chegar ao 100%, por un máximo de 1.500€ por persoa/ano. Prazo de Presentación O prazo de presentación das solicitudes estará aberto ata o 15 de outubro de 2025, podendo gozar deste servizo ata o 21 de novembro de 2025. Para realizar a solicitude poderase facer mediante a sede electrónica da Xunta de Galicia. Tamén se pode realizar mediante a Traballadora Social de referencia ou entregándoa presencialmente nos rexistros habilitados. → Respiro no fogar Consiste nunha axuda económica para contribuír ao pagamiento do servizo temporal de atención en domicilio. Este servizo terá que ser prestado por unha entidade rexistrada no Rexistro Único de Prestacións de Servizos Sociais (RUEPSS) ou ofrecelo un persoal legalmente acreditado. As tarefas do servizo consistirán en: – Asistencia para levantarse e deitarse. ou Apoio no coidado e hixiene persoal, así como para vestirse. – Control da alimentación e axuda para a mesma se se require. ou Supervisión, se procede, de toma de medicación prescrita. – Apoio para cambios posturales, mobilizacións e orientación espaciotemporal. – Apoio a persoas afectadas por problemas de incontinencia. – Calquera outra tarefa implícita no desenvolvemento das anteriores. A axuda económica poderá chegar ao 100%, por un máximo de 1.000€ por persoa/ano.. Documentación a Presentar – Anexo I – Solicitude. – Anexo II – Comprobación de datos de terceiras persoas interesadas. – Informe Social (cando NON exista recoñecemento de grao de dependencia). – Informe médico (cando NON exista recoñecemento de grao de dependencia). – Copia de contrato de prestación de servizos (de axuda en domicilio, de centro de día ou de residencia, con data de inicio e fin de contrato, preferiblemente, e a nome da persoa coidadora). – Declaración responsable da persoa coidadora da situación de respiro ou descanso persoal. – Certificado do grao de discapacidade da persoa dependente. – Declaración responsable ou documento que acredite o vínculo familiar da persoa coidadora e a persoa dependente. Xustificación Notificada a resolución, deberase achegar a seguinte documentación, que deberá ser remitida con data límite o 1 de decembro de 2025: – Anexo IV – Solicitude de pago. – Copia das facturas acreditativas dos gastos a nome da persoa coidadora (nome e DNI) e onde conste expresamente a identificación da persoa dependente (nome e DNI), o día e as horas nas que se prestou o servizo e o nome ou NIF da persoa, empresa ou entidade que presta o servizo. – Xustificantes bancarios que acrediten o pago da factura. Acéptase a xustificación de pago en efectivo mediante un recibo da persoa provedora asinando sobre a factura, con indicación do nome e apelidos de quen recibe os fondos e o seu DNI. – Declaración responsable da persoa coidadora da situación de respiro ou descanso persoal. Ante calqueira dúbida podedes contactar connosco no teléfono 981 205 858 ou por correo electrónico en contacto@afaco.es

Convenio para o respiro familiar

No ano 2024 asinamos un novo Convenio de Colaboración entre a Asociación de Familiares de enfermos de Alzheimer e o Concello da Coruña, para o financiamento do Servizo de Respiro Familiar e Apoio para a promoción da autonomía persoal de persoas afectadas pola enfermidade de alzhéimer. Recursos como este facilitan ás persoas coidadoras, normalmente da contorna familiar do paciente, un espazo para soportar a súa fatiga física e emocional, á vez que lles permite poder dedicar algo de tempo a outras actividades que son necesarias para o seu benestar. Este programa supón dispoñer dun espazo físico e permanente de atención, información e orientación en canto a dereitos e tramitación de recursos sociais dirixidos a persoas con dependencia e as súas familias;  informar, orientar e asesorar de maneira integral acerca da enfermidade, así como prestar apoio psicolóxico aos familiares de persoas con Alzheimer. Ademais, a actuación ten como obxectivo principal mellorar a calidade de vida das persoas con alzhéimer e as súas familias, asesorando sobre cuestións sociais, emocionais e legais, favorecendo o acceso aos recursos existentes.