AFACO - Asociación Familiares Enfermos de Alzheimer A Coruña

Asóciate

Tras a diagnose de Alzheimer, que?

O especialista deuche un diagnóstico claro: o teu familiar ten Alzheimer. Sen dúbida este é un trago amargo para o que non estabas preparado, pero agora só quédate a opción de armarte de valor e enfrontarte a este reto. É momento de acompañar a túa persoa querida neste camiño, nesta etapa que, aínda que dura, tamén pode ser gratificante e doce. Aquí dámosche uns consellos que poden axudarche tras o diagnóstico.

1. Acode a unha asociación de familiares de persoas con Alzheimer. Crenos: sabemos de sobra que a noticia que acabas de recibir é unha das peores que poderían darche. Agora mesmo sentes que o mundo se che vén enriba, pero debes saber que nas túas mans está tomalo doutra forma. O primeiro que debes facer é acudir á asociación de familiares de persoas con Alzheimer da túa cidade. Alí ofreceranche información de todo tipo, ensinarante a coidar ben da túa persoa querida, poderás participar en actividades e compartir experiencias.

2. Comparte coa túa familia a noticia. Aínda que xa tomásedes a decisión de que serás ti o que exercerá o papel de coidador principal, é importante que todos na túa familia compartades o peso que a enfermidade supón. En importante que encontredes un espazo para o diálogo a través do cal poidades tomar decisións e repartir responsabilidades.

3. Infórmate sobre todo o que teña que ver co tratamento. Se ben é certo que a día de hoxe os fármacos para o Alzheimer non permiten a curación e só céntranse nos síntomas, a adherencia ao tratamento é clave para retardar o progreso da enfermidade. Por iso, é importante que te informes ben sobre todo o que ten que ver cos medicamentos, os seus posibles efectos secundarios e a forma de palialos.

4. Aprende formas de estimular a persoa. A estimulación cognitiva é un conxunto de técnicas moi beneficiosas para estimular e manter as capacidades mentais das persoas con Alzheimer. Existen sinxelos —e mesmo divertidos— exercicios que poderán axudarche a adestrar a memoria, a capacidade de percibir estímulos, as habilidades motoras e a linguaxe da persoa á que coidas. Apréndeos.

Máis información en Persoas que.

Galería (pulse para ampliar)

Hosting por dinahosting.

Nosos centros

Sede social Centro terapéutico Centro de día

©2017 AFACO - Aviso legal - Créditos
Parque San Diego, s/n, Centro Cívico - Baixo, 15006 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 1001
Rúa / Petunias, 33 B, 15008 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 2001
Rúa Salvador de Madariaga nº 87 en A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 3001
ENTIDADE DECLARADA DE UTILIDADE PÚBLICA POLO MINISTERIO DO INTERIOR
Homologado pola Consellaría de Traballo para a impartición de especialidades formativas.

Certificación obtida para : Centro de día c/ Petunias e Centro Terapéutico c/ Salvador de Madariaga.
Certificación de calidad ISO-9001:2008
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar