AFACO - Asociación Familiares Enfermos de Alzheimer A Coruña

Asóciate

Un programa de AFACO dirixido aos coidadores, premiado polos traballadores do BBVA

proxecto «Mímache» de AFACO, concibido para proporcionar apoio no día a día a coidadores familiares de persoas con demencia, resultou premiado na III edición de Territorios Solidarios que promove o BBVA.

 

Este novo programa está dirixido á atención integral das familias e conta con varias liñas de actuación, entre as que se inclúe apoio social, legal e emocional, formación continua, actividades de ocio e tempo libre (saídas programadas, musicoterapia) e obradoiros de fisioterapia. O obxectivo último do programa, que se porá en marcha en 2015 e do que se beneficiarán aproximadamente 120 personas, é proporcionar aos coidadores principais estratexias dirixidas a manexar a situación de estrés que deben soportar e á mellora do seu estado emocional.

 

Trátase da segunda ocasión que BBVA premia un proxecto de AFACO, xa que no ano 2012, un programa de estimulación física para persoas con demencia tamén foi galardoado. O premio está dotado con 10.000 euros.

 

Territorios Solidarios de BBVA é unha iniciativa dirixida a organizacións sen ánimo de lucro de todo o territorio español na que teñen cabida proxectos destinados a educación, atención sociosanitaria, deporte, emerxencia humanitaria, dereitos humanos, cultura. Son os traballadores da entidade bancaria os que exercen de padriños das organizacións que, como AFACO, concorren aos premios e son os mesmos empregados os que exercen de xurado votando por un proxecto de entre todos os presentados. 

Galería (pulse para ampliar)

Hosting por dinahosting.

Nosos centros

Sede social Centro terapéutico Centro de día

©2017 AFACO - Aviso legal - Créditos
Parque San Diego, s/n, Centro Cívico - Baixo, 15006 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 1001
Rúa / Petunias, 33 B, 15008 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 2001
Rúa Salvador de Madariaga nº 87 en A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 3001
ENTIDADE DECLARADA DE UTILIDADE PÚBLICA POLO MINISTERIO DO INTERIOR
Homologado pola Consellaría de Traballo para a impartición de especialidades formativas.

Certificación obtida para : Centro de día c/ Petunias e Centro Terapéutico c/ Salvador de Madariaga.
Certificación de calidad ISO-9001:2008
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar