AFACO - Asociación Familiares Enfermos de Alzheimer A Coruña

Asóciate

Usuarios de AFACO visitan a escola de acrobacias Sue Moreno e os hortos urbanos de Val de Feáns

  • Estas saídas son as máis recentes dun programa que tamén incluiu visitas ás instalacións da Panadería Carnoedo e a espazos como o Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa e o Museo Militar.

O calendario de saídas culturais de AFACO segue o seu curso. A visita dos usuarios do centro de día de Petunias á escola de acrobacias aéreas Sue Moreno e a os do centro terapéutico de San Diego ós hortos urbanos de Val de Feáns, ambas o pasado 18 de maio, son as últimas dun programa que, durante o presente curso, incluiu tamén excursións á Panadería Carnoedo de Fonteculler e a espazos culturais como o Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa, o Museo de Belas Artes e o Museo Militar.

Os usuarios do centro de día do Barrio das Flores desprazáronse a rúa Antonio Viñas, no barrio dos Mallos, para desfrutar dunha demostración de acrobacias protagonizada por artistas da escola Sue Moreno que, suspendidos no aire e mediante o uso de cintas e outros elementos, realizaron diversas figuras corporais. A orixinalidade da actuación e a habilidade dos acróbatas sorprendeu a un público que contemplou o espectáculo con gran atención.

Tamén desfrutaron os usuarios do centro terapéutico de San Diego que exerceron a agricultura nos hortos urbanos de Val de Feáns. Ademais da sesión práctica de cultivo, baixo a supervisión dos responsables dos hortos, os nosos usuarios participaron nunha relaxante sesión de taichi ó aire libre. Os usuarios do centro de Salvador de Madariaga tamén terán a oportunidade de coñecer este espazo.

Durante o presente curso, os usuarios de AFACO repetiron visitas que xa realizaran en anos anteriores. Así, volveron a coñecer o proceso de elaboración do pan na Panadería Carnoedo, contemplaron as obras expostas en espazos como o Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa e o Museo de Belas Artes e achegáronse á historia de España e da cidade a través das pezas que alberga o Museo Militar.

As saídas culturais teñen unha grande importancia na programación de AFACO, pois contribuen a manter ós usuarios dos centros activos, axudándolles a romper coa rutina, e a estimular os seus sentidos a través do arte e da cultura.

Galería (pulse para ampliar)

Hosting por dinahosting.

Nosos centros

Sede social Centro terapéutico Centro de día

©2017 AFACO - Aviso legal - Créditos
Parque San Diego, s/n, Centro Cívico - Baixo, 15006 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 1001
Rúa / Petunias, 33 B, 15008 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 2001
Rúa Salvador de Madariaga nº 87 en A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 3001
ENTIDADE DECLARADA DE UTILIDADE PÚBLICA POLO MINISTERIO DO INTERIOR
Homologado pola Consellaría de Traballo para a impartición de especialidades formativas.

Certificación obtida para : Centro de día c/ Petunias e Centro Terapéutico c/ Salvador de Madariaga.
Certificación de calidad ISO-9001:2008
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar