AFACO - Asociación Familiares Enfermos de Alzheimer A Coruña

Asóciate

V Encontro de coidadores, en AFACO

Coidadores familiares da Coruña, Oleiros e Chantada (Lugo) asisten este xoves 19 de xuño, no centro terapéutico de AFACO, a unha nova xornada onde terán ocasión de compartir experiencias.

Trátase da V edición deste encontro que se celebra cunha periodicidade anual e que pretende ser un acicate para que as persoas coidadoras poñan en común o seu particular día a día. En 2013, a xornada celebrouse nas Torres de Santa Cruz, en Oleiros (na imaxe).

Este é o programa previsto para a xornada: 

 

10:30 Chegada

11:00-11:30 Apertura oficial

11:30-12:15 Historia persoal. Ioga e vida, coa presenza do mestre de ioga Ariel Álvarez

12:15-13:00 Presentación das actividades desenvolvidas durante todo o ano polos grupos - Grupo «Coidando emocións», de Oleiros - Grupo «Mellorando», de Chantada - Grupo «Música e saúde», de AFACO

13:00-14:00 Sons e vida. Eva Julián, música compositora que personaliza ambientes sonoros.

14:00-16:00 Xantar 

16:00-18:00 Paseo

Galería (pulse para ampliar)

Hosting por dinahosting.

Nosos centros

Sede social Centro terapéutico Centro de día

©2017 AFACO - Aviso legal - Créditos
Parque San Diego, s/n, Centro Cívico - Baixo, 15006 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 1001
Rúa / Petunias, 33 B, 15008 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 2001
Rúa Salvador de Madariaga nº 87 en A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 3001
ENTIDADE DECLARADA DE UTILIDADE PÚBLICA POLO MINISTERIO DO INTERIOR
Homologado pola Consellaría de Traballo para a impartición de especialidades formativas.

Certificación obtida para : Centro de día c/ Petunias e Centro Terapéutico c/ Salvador de Madariaga.
Certificación de calidad ISO-9001:2008
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar