AFACO - Asociación Familiares Enfermos de Alzheimer A Coruña

Asóciate

Voluntariado

Queres ser voluntario de AFACO?

AFACO ten en marcha un programa de voluntariado, supervisado pola Xunta de Galicia destinado a incidir positivamente na vida das persoas afectadas por Alzheimer ou outras demencias, que acoden a diario ás nosas instalacións. O obxectivo deste programa é mellorar a calidade de vida dos nosos usuarios e a das súas familias, así como promover a cohesión social.

Os voluntarios reciben, con carácter previo, formación xeral sobre a enfermidade de Alzheimer e as demencias, sobre a filosofía de traballo de AFACO, e formación especializada orientada á adquisición de habilidades e actitudes para a realización de tarefas concretas.

Os participantes no programa de voluntariado levan a cabo labores de apoio presencial –en dependencia directa e baixo a supervisión dos responsábeis de área– relacionados coa motricidade e a estimulación cognitiva dos beneficiarios. Tamén participan nas diferentes actividades lúdicas o de acompañamento que se levan a cabo (manualidades, obradoiros de pintura, de ioga, de relaxación...).

AFACO proporciona aos seus voluntarios un uniforme de traballo e un seguro que cubre eventuais continxencias. Os voluntarios deben ser maiores de 20 anos.

Interesados en coñocer con máis detalle o que significa ser voluntario en AFACO? Queredes saber cal é a relación de actividades que se realizan nos nosos centros? O responsable do programa de voluntariado, o psicólogo Juan Bonome, estará encantado de responder de maneira persoalizada a estas e outras cuestións. Podedes dirixir as vosas consultas a voluntariado@afaco.es e poñeremonos en contacto convosco de maneira inmediata. 

 

Hosting por dinahosting.

Nosos centros

Sede social Centro terapéutico Centro de día

©2017 AFACO - Aviso legal - Créditos
Parque San Diego, s/n, Centro Cívico - Baixo, 15006 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 1001
Rúa / Petunias, 33 B, 15008 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 2001
Rúa Salvador de Madariaga nº 87 en A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 3001
ENTIDADE DECLARADA DE UTILIDADE PÚBLICA POLO MINISTERIO DO INTERIOR
Homologado pola Consellaría de Traballo para a impartición de especialidades formativas.

Certificación obtida para : Centro de día c/ Petunias e Centro Terapéutico c/ Salvador de Madariaga.
Certificación de calidad ISO-9001:2008
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar