AFACO - Asociación Familiares Enfermos de Alzheimer A Coruña

Asóciate

YoTeCuido, a app para coidadores e afectados de alzhéimer

AFACO, en colaboración coa empresa Lapisoft, lanza a aplicación YoTeCuido para dispositivos móbiles. Esta App, de descarga gratuíta, ofrece respostas sinxelas aos problemas aos que deben facer fronte a diario coidadores e familiares de persoas con alzhéimer ou outro tipo de demencia. Tamén está pensada para persoas que sofren a enfermidade nunha fase inicial.

YoTeCuido está disponible tanto para sistemas operativos Android como para iOs.

A App inclúe contidos útiles, en formato pregunta-resposta, sobre a enfermidade de Alzheimer; permite coñecer cal é a sintomatología da enfermidade, como actuar e que coidados prestar, en función da fase da enfermidade. Así mesmo, recolle respostas ás dúbidas máis frecuentes sobre alimentación, coidados básicos, comunicación, saúde, enfermería, vivenda, exercicio físico, recursos sociais, recursos legais e preséntanse diferentes rutinas diarias en forma de estiramentos das articulacións e actividades que se han de levar a cabo. Tamén contén outros recursos como direccións e teléfonos de contacto das diferentes asociacións de enfermos de Alzheimer de España, glosario de termos relacionados coas demencias e libros e películas que teñen por temática a enfermidade de Alzheimer. Un buscador permite axilizar as consultas e optimizar a utilización da aplicación.

Para a elaboración dúas contidos incluídos na App tomouse como base o libro, editado pola Asociación de familiares de enfermos da Coruña AFACO Responde: Todo lo que los cuidadores familiares necesitan saber sobre als demencias, así como o Manual de formación especializada en demencias para coidadores non profesionais, editado pola Federación Alzheimer Galicia.

A aplicación, desenvolvida de forma completamente altruísta por Lapisoft, pódese descargar aquí.

 

 

 

Galería (pulse para ampliar)

Hosting por dinahosting.

Nosos centros

Sede social Centro terapéutico Centro de día

©2017 AFACO - Aviso legal - Créditos
Parque San Diego, s/n, Centro Cívico - Baixo, 15006 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 1001
Rúa / Petunias, 33 B, 15008 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 2001
Rúa Salvador de Madariaga nº 87 en A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 3001
ENTIDADE DECLARADA DE UTILIDADE PÚBLICA POLO MINISTERIO DO INTERIOR
Homologado pola Consellaría de Traballo para a impartición de especialidades formativas.

Certificación obtida para : Centro de día c/ Petunias e Centro Terapéutico c/ Salvador de Madariaga.
Certificación de calidad ISO-9001:2008
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar