AFACO - Asociación Familiares Enfermos de Alzheimer A Coruña

Asóciate

YoTeCuido elixida mellor APP para pacientes pola Fundación iSYS

  • Só 47 propostas das 318 avaliadas recibiron a calificación necesaria para formar parte da listaxe que encabeza a ferramenta dixital deseñada conxuntamente por AFACO e Lapisoft.
  • YoTeCuido permite a aqueles que a descargan resolver tódalas dúbidas sobre o Alzheimer, coñecer rutinas e actividades para facerlle fronte e obter enderezos de entidades ás que acudir.

A aplicación YoTeCuido, deseñada conxuntamente pola Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de A Coruña (AFACO) e Lapisoft para axudar ós familiares de persoas con Alzheimer e a aqueles que padecen éste ou outro tipo de demencia nunha fase inicial, foi elixida pola Fundación iSYS como a mellor APP para pacientes.

A Fundación iSYS, entidade sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de proxectos de Saúde Dixital, elabora anualmente un catálogo no que recolle as mellores aplicación creadas co obxectivo de mellorar a calidade de vida dos que sofren algún tipo de enfermidade ou doenza. Do total de 318 proxectos presentados este ano, únicamente 47 obtiveron a calificación necesaria para ser incluidos na listaxe. De todos eles, YoTeCuido acadou a mellor puntuación.

A listaxe da Fundación iSYS inclúe aplicacións para todo tipo de pacientes e, así, xunto á ferramenta de AFACO e Lapisoft para axudar ós que padecen Alzheimer e ós seus coidadores, aparecen APPs vencelladas ós infartos, á urticaria, á alimentación ou á diabetes. A popularidade, a confianza que ofrecen e a utilidade son algúns dos criterios que avaliaron os especialistas á hora de elaborar o ranking.

YoTeCuido, que pode obterse de forma gratuita dende os teléfonos, naceu a finais de setembro do pasado ano e, actualmente, xa superou as mil descargas. A aplicación, ademáis de conter numerosa información destinada a resolver as dúbidas dos usuarios sobre o Alzheimer, ofrece rutinas e actividades dirixidas a persoas con demencia, unha guía cos enderezos de entidades ás que as familias poden acudir en busca de axuda ou asesoramento e un diccionario de termos.

A información recollida na aplicación está baseada no libro 'AFACO responde: todo lo que los cuidadores familiares necesitan saber sobre la demencia', así como no 'Manual de formación especializada en demencias para coidadores non profesionais', editado pola Federación Alzheimer Galicia. O deseño informático corresponde á empresa coruñesa Lapisoft.

Galería (pulse para ampliar)

Hosting por dinahosting.

Nosos centros

Sede social Centro terapéutico Centro de día

©2017 AFACO - Aviso legal - Créditos
Parque San Diego, s/n, Centro Cívico - Baixo, 15006 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 1001
Rúa / Petunias, 33 B, 15008 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 2001
Rúa Salvador de Madariaga nº 87 en A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 3001
ENTIDADE DECLARADA DE UTILIDADE PÚBLICA POLO MINISTERIO DO INTERIOR
Homologado pola Consellaría de Traballo para a impartición de especialidades formativas.

Certificación obtida para : Centro de día c/ Petunias e Centro Terapéutico c/ Salvador de Madariaga.
Certificación de calidad ISO-9001:2008
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar