AFACO - Asociación Familiares Enfermos de Alzheimer A Coruña

Asóciate

Concerto de Silvia Penide a beneficio de AFACO

  • A cantautora coruñesa interpretará a canción "Paso a paso", que compuxo para o proxecto "Camiño pola Memoria", e fará un percorrido pola súa carreira

A cantautora coruñesa Silvia Penide actuará o vindeiro 10 de febreiro, ás 20.00 horas, no auditorio da sede de Afundación (Cantón Grande, 8), nun concerto a beneficio da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer da Coruña (AFACO). A artista, que compuxo unha canción titulada "Paso a paso" para o proxecto Camiño pola Memoria, que desenvolven conxuntamente AFACO e a escola infantil municipal dos Rosales fará un percorrido pola súa exitosa carreira musical, que a levou a obter recoñecementos como o Premio Martín Códax da Música Galega.

As entradas para o concerto poden adquirise xa, ó prezo de 10 euros, na taquilla electrónica de Afundación, nos tres centros de AFACO (San Diego, Salvador de Madariaga e Petunias) e na propia sede de Afundación (Cantón Grande). Os interesados en colaborar con AFACO poderán facelo tamén a través dunha Fila 0, habilitada para que, aqueles que o desexen, poidan realizar donativos.

Silvia Penide aproveitará a súa actuación para presentar ante o público a canción Paso a paso, un tema que a cantautora compuxo para o proxecto Camiño pola Memoria, unha iniciativa de AFACO e a escola infantil municipal dos Rosales que, mediante actividades vencelladas ó Camiño de Santiago, propicia a interacción entre persoas con Alzheimer ou outras demencias e nenos de ata tres anos.

Os participantes no proxecto Camiño pola Memoria aproveitan as experiencias que peregrinos reais comparten con eles para realizar actividades que os achegan á cultura, á gastronomía e ás xentes das diferentes localidades polas que pasa o Camiño Francés. Ás tarefas que nenos e maiores completan nos seus respectivos centros hai que sumar os actos nos que ambas xeracíóns tópanse cara a cara. Un deses encontros prodúxose, precisamente, na presentación da canción "Paso a paso" na Casa dos Peixes, o pasado mes de decembro.

Hosting por dinahosting.

Nuestros centros

Sede social Centro terapéutico Centro de día

©2017 AFACO - Aviso legal - Créditos
Parque San Diego, s/n, Centro Cívico - Bajo, 15006 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 1001
C/ Petunias, 33 B, 15008 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 2001
C/ Salvador de Madariaga nº 87 en A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 3001
ENTIDAD DECLARADA DE UTILIDAD PÚBLICA POR EL MINISTERIO DEL INTERIOR
Homologado por la Consellería de Traballo para la impartición de especialidades formativas.

Certificación obtenida para : Centro de día c/ Petunias y Centro Terapéutico c/ Salvador de Madariaga.
Certificación de calidad ISO-9001:2008
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar