AFACO - Asociación Familiares Enfermos de Alzheimer A Coruña

Asóciate

Onde solicitar axudas para os centros de AFACO

Os centros de AFACO están incluídos na carteira de servizos da Consellería de Traballo e Benestar, polo que as persoas afectadas por unha demencia que acoden ás nosas instalacións teñen dereito a solicitar unha axuda á Xunta para o copagamento dos servizos.

A devandita axuda, recollida dentro do catálogo de prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, recibe o nome de «libranza económica vinculada ao servizo».

Así, dentro dos servizos de promoción da autonomía persoal, alúdese específicamente al servizo de estimulación cognitiva, que se define como o «tratamento terapéutico que, por medio das técnicas axeitadas, ten por finalidade manter e mellorar o funcionamento dalgunha ou dalgunhas das capacidades cognitivas superiores (razoamento, memoria, atención, concentración, linguaxe e similares), das capacidades funcionais, a conduta e/ou a afectividade».

Polo tanto, as persoas que acoden ás nosas instalacións de Salvador de Madariaga, onde está radicado o noso centro terapéutico, poden solicitar esta axuda.

Tamén as persoas que seguen o programa Activa-T de AFACO, de estimulación dirixido precisamente a promover a autonomía persoal, poden solicitar a axuda.

No que se refire ao servizo de atención diúrna e de atención de noite para persoas en situación de dependencia, a lei fai mención expresa ao servizo de atención diúrna para persoas maiores, que se corresponde coa atención que se presta no noso centro de día, polo que os usuarios das nosas instalacións poden solicitar esta axuda.

 

Onde acudir para solicitar a axuda

Documentación requirida

Hosting por dinahosting.

Nuestros centros

Sede social Centro terapéutico Centro de día

©2017 AFACO - Aviso legal - Créditos
Parque San Diego, s/n, Centro Cívico - Bajo, 15006 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 1001
C/ Petunias, 33 B, 15008 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 2001
C/ Salvador de Madariaga nº 87 en A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 3001
ENTIDAD DECLARADA DE UTILIDAD PÚBLICA POR EL MINISTERIO DEL INTERIOR
Homologado por la Consellería de Traballo para la impartición de especialidades formativas.

Certificación obtenida para : Centro de día c/ Petunias y Centro Terapéutico c/ Salvador de Madariaga.
Certificación de calidad ISO-9001:2008
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar