AFACO - Asociación Familiares Enfermos de Alzheimer A Coruña

Asóciate

«Os voluntarios teñen un interese común, axudar»

  • Máis de trinta persoas seguiron o programa de formación sobre Alzheimer e demencias impartido nos meses de outubro e xaneiro.

«En momentos difíciles como os actuais, as ONG non poderían realizar moitas das actividades que fan se non fose polos voluntarios». Marta, educadora social de 22 anos, da Coruña, non o dubida. Esta moza é unha das integrantes do programa de voluntariado que AFACO puxo en marcha a finais de verán. «Estou moi contento da experiencia, polo que estou a aprender e porque é unha tarefa que podo compaxinar perfectamente,» xustifica esta estudante de posgrao, que nunca antes tivera contacto «profesional» con persoas afectadas de demencia.

Nos últimos tres meses, Marta tivo ocasión de participar de forma regular no Programa Activa-T de rehabilitación, indicado para persoas con deterioración cognitiva leve e encamiñado a atrasar a evolución da enfermidade. «Resúltame moi interesante coñecer que existen formas de activar a mente que contribúen a enlentecer o avance do Alzheimer. Tamén me pareceu curioso comprobar a grande utilidade que ten algo tan común como un xornal á hora de facer determinados exercicios».

Este xoves 5 de decembro conmemórase o día internacional dos voluntarios. Con iso, preténdese recoñecer o labor que levan a cabo persoas como Marta, David, Inma... todos eles voluntarios de AFACO. Só en Galicia, calcúlase que hai ao redor de 40.000 persoas —uns cinco millóns en toda España— que empregan parte do seu tempo, de forma totalmente altruísta, en axudar aos demais.

Juan Bonome, psicólogo de AFACO e responsable do programa de voluntario, que deu comezo en outubro explica que o obxectivo da iniciativa é «múltiple». «Quérese dar apoio ás persoas enfermas, ás súas familias e contribuír á sensibilización da sociedade coa enfermidade». A cambio, os participantes «reciben formación a cargo da Asociación e comprométense, durante tres meses, a colaborar nas terapias de estimulación grupal e individual».

Tamén realizan tarefas de acompañamento en saídas ou na realización de traballos manuais, por exemplo, sempre coa supervisión directa dos técnicos da Asociación.O perfil dos voluntarios de AFACO é «heteroxéneo», continua o psicólogo, «aínda que todos teñen un interese común: o seu desexo por axudar aos demais».

É o caso de David, opositor de 34 anos, que acumula experiencia como monitor de tempo libre e que xa realizara labores de voluntariado con persoas con minusvalidez e con nenos, nunha granxa escola. Dende outubro participa no programa de voluntariado de AFACO porque a súa meta é «aprender» dos técnicos que a diario tratan coas persoas con demencia e «tratar de poñerse na pel das persoas que o pasan mal», malia a impotencia que sente «por non poder facer nada por axudalos a recuperarse, conta.

Para dar continuidade a este importante labor, en xaneiro, AFACO impartirá unha nova formación dirixida a persoas interesadas en converterse en voluntarias da Asociación. A intención é «manter o apoio que proporcionan estas persoas nas actividades de estimulación que xa se realizan e poñer en marcha novas terapias», precisa Bonome.

As persoas interesadas, que deben ter máis de 20 anos, poden escribirnos, até o 31 de decembro, achegando un breve CV á dirección: voluntariado@afaco.es.

AFACO proporcionará aos seus voluntarios un uniforme de traballo e un seguro que cobre eventuais continxencias.

Galería (pulse para ampliar)

Hosting por dinahosting.

Nuestros centros

Sede social Centro terapéutico Centro de día

©2017 AFACO - Aviso legal - Créditos
Parque San Diego, s/n, Centro Cívico - Bajo, 15006 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 1001
C/ Petunias, 33 B, 15008 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 2001
C/ Salvador de Madariaga nº 87 en A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 3001
ENTIDAD DECLARADA DE UTILIDAD PÚBLICA POR EL MINISTERIO DEL INTERIOR
Homologado por la Consellería de Traballo para la impartición de especialidades formativas.

Certificación obtenida para : Centro de día c/ Petunias y Centro Terapéutico c/ Salvador de Madariaga.
Certificación de calidad ISO-9001:2008
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar