AFACO - Asociación Familiares Enfermos de Alzheimer A Coruña

Asóciate

A 'síndrome de inmobilidade'

  • No número 29 de 'AFACO Informa', o boletín informativo da Asociación —dirixido a familiares de persoas con Alzheimer, así como a aqueles interesados nas enfermidades neurodexenerativas— abórdase, entre outros contidos, a síndrome de inmobilidade. Sabes que é e como convivir con ela?

A síndrome de inmobilidade é posible tratala e diminuíla en todos os pacientes, pero para iso o máis importante é a detección precoz, tanto na casa coma no centro ao que o paciente acode, se é o caso.

A primeira medida está dirixida á prevención, é dicir, manter o grao de mobilidade do paciente. Para iso, o máis recomendable é o exercicio físico, adaptado ás características da persoa, en función da súa resistencia, capacidade cardiorrespiratoria, grao de mobilidade e estado muscular.

Como convivir coa síndrome. Consellos prácticos.

Unha vez que a prevención non é posible porque a inmobilidade comeza a aparecer, é conveniente realizar unha serie de adaptacións no ámbito que faciliten a deambulación polo domicilio e que estimulen o mantemento da autonomía do paciente ou familiar:

 Portas amplas e de doada apertura

 Varandas nos corredores ou mobles colocados estratexicamente

 Boa iluminación xeral

 Eliminar alfombras, cables e demais obxectos que poidan provocar caídas

 Barreiras de suxeición no lavabo

 Manter a deambulación e a bipedestación o maior tempo posible, se é necesario coa axuda técnica necesaria

 

Se queres recibir AFACO Informa, de balde, no teu correo electrónico, escríbenos.

Galería (pulse para ampliar)

Hosting por dinahosting.

Nuestros centros

Sede social Centro terapéutico Centro de día

©2017 AFACO - Aviso legal - Créditos
Parque San Diego, s/n, Centro Cívico - Bajo, 15006 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 1001
C/ Petunias, 33 B, 15008 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 2001
C/ Salvador de Madariaga nº 87 en A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 3001
ENTIDAD DECLARADA DE UTILIDAD PÚBLICA POR EL MINISTERIO DEL INTERIOR
Homologado por la Consellería de Traballo para la impartición de especialidades formativas.

Certificación obtenida para : Centro de día c/ Petunias y Centro Terapéutico c/ Salvador de Madariaga.
Certificación de calidad ISO-9001:2008
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar