AFACO - Asociación Familiares Enfermos de Alzheimer A Coruña

Asóciate

«A nosa vida xa non é nosa»

«Cando exercemos como coidadores dun familiar, a nosa vida dá un cambio total e absoluto; un día decatámonos de que a nosa vida xa non é nosa». Manoli, do grupo de coidadores Música e saúde, de AFACO, resumía nestes termos o pasado 19 de xuño o que significa dedicarse a tempo completo a outra persoa.

«O noso tempo vese absorbido ao cen por cen», explica. De aí que, se o coidador non pon remedio, tardará en chegar o «illamento, a soidade, a incomunicación...». Cando comezan a manifestarse os primeiros síntomas (insomnio, irritabilidade) antes, mesmo, o máis axeitado é buscar axuda. Pola contra, o coidador tamén corre o risco de enfermar.

Precisamente, coa intención de proporcionar apoio ás persoas que consagran a súa vida a ocuparse do benestar dun ser querido, xorden grupos terapéuticos como Música e saúde, Mellorando ou Coidando emocións. Estes grupos son, como puntualiza Manoli «unha illa de afecto e de paz dentro dese escuro mar que é a demencia. Nel, sentímonos acollidos, comprendidos, apoiados... non estamos sós». E todo iso malia que os coidadores familiares asisten inicialmente ás sesións «sen demasiadas expectativas».

Para poñer en común as actividades que se realiza ao longo de todo o ano, nos diferentes grupos, naceu hai cinco anos o encontro anual de coidadores e cuxa edición deste ano se celebrou no centro terapéutico de AFACO de San Diego. O obxectivo desta xornada lúdica é deixar a un lado durante unhas horas as tensións e os problemas derivados de coidar día e noite a un ser querido dependente.

Esta edición, ademais, contou coa presenza do mestre de ioga Ariel Álvarez, que presentou aos asistentes os beneficios de practicar esta arte milenario, mentres que a compositora Eva Julián falou de como os sons que se encontran na natureza poden ter propiedades terapéuticas.

A xornada, que concluíu pola tarde, contou coa presenza dos concelleiros de Servizos Sociais de Oleiros e de Chantada, Ignacio Crespo e Cándida Carneiro, respectivamente. Pola súa banda, a presidenta de AFACO, María Carmen Martínez, subliñou a importancia do «coidado dos coidadores». «É importante que asistades ás reunións de grupo, para dar resposta ás vosas necesidades porque, aínda que non sexa doado, volo merecedes», alentou os presentes.

Galería (pulse para ampliar)

Hosting por dinahosting.

Nuestros centros

Sede social Centro terapéutico Centro de día

©2017 AFACO - Aviso legal - Créditos
Parque San Diego, s/n, Centro Cívico - Bajo, 15006 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 1001
C/ Petunias, 33 B, 15008 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 2001
C/ Salvador de Madariaga nº 87 en A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 3001
ENTIDAD DECLARADA DE UTILIDAD PÚBLICA POR EL MINISTERIO DEL INTERIOR
Homologado por la Consellería de Traballo para la impartición de especialidades formativas.

Certificación obtenida para : Centro de día c/ Petunias y Centro Terapéutico c/ Salvador de Madariaga.
Certificación de calidad ISO-9001:2008
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar