AFACO - Asociación Familiares Enfermos de Alzheimer A Coruña

Asóciate

Un proxecto de AFACO para crear un punto de información sobre demencias, premiado pola Fundación Barrié

O programa Más Social, promovido pola Fundación Barrié e a Fundación Roviralta e orientado a entidades sociais galegas do Terceiro Sector, distinguiu un proxecto da Asociación de Familiares de enfermos de Alzheimer da Coruña (AFACO) e da Asociación de Familiares de enfermos de Alzheimer de Vigo (Afaga) consistente na creación de dous puntos de información da demencia no centro das cidades da Coruña e Vigo.

O obxectivo destes puntos de información (P.I.D) é o de canalizar e achegar a información e coñecemento que se xera nas sedes respectivas de AFACO e Afaga, creando puntos de referencia aos que poderá acudir calquera persoa para obter información sobre as enfermidades neurodexenerativas e que servirán tamén para achegar os servizos de apoio e atención ao enfermo de Alzheimer e a súa familia que habitualmente se veñen prestando nos centros terapéuticos e de día das entidades. Na actualidade, non existe en ningunha cidade galega puntos de información destas características.

En total, foron 14 os proxectos de entidades prestadoras de servizos sociais de Galicia seleccionados pola Fundación Barrié e a Fundación Roviralta, que se financiarán con 150.000 euros. Trátase da primeira convocatoria de proxectos impulsada conxuntamente por ambas as dúas entidades e que foi creada para complementar os beneficios do programa Más Social.

Este programa está destinado a facilitar apoio económico a proxectos sociais de entidades participantes en Más Social, de fortalecemento do terceiro sector galego que a Fundación Barrié, en colaboración coa Fundación de PwC, desenvolve dende hai tres anos, e ao que se incorpora por primeira vez a Fundación Roviralta.

Entre os proxectos presentados, a Fundación Barrié e a Fundación Roviralta priorizaron aqueles que promoven a integración social de colectivos en situación de vulnerabilidade ou exclusión, así como os máis innovadores e con capacidade de replicarse noutras entidades, e polo tanto de multiplicar o seu impacto social. Entre eles, atención psicolóxica a persoas sen fogar, un novo servizo de acceso á información para persoas con minusvalidez auditiva, equipación informática para romper a brecha dixital en colectivos en risco de exclusión, adquisición de vehículos de transporte adaptado, e unha bicicleta adaptada para o uso de persoas con parálise cerebral, ou a creación dun modelo de intervención en persoas con dano cerebral.

Os 150.000 euros distribúense entre os 14 proxectos seleccionados con dotacións específicas entre os 3.000 e 17.000 euros por proxecto. Máis Social diríxese ás entidades do Terceiro Sector e pretende promover un modelo de acción social economicamente sostible, que facilite a estas organizacións medios e estratexias para optimizar a súa xestión -de forma prioritaria a súa captación de fondos- e orientalas cara ao futuro cun crecemento estable e sostible. Iniciado no 2011 como primeiro proxecto común entre as Fundacións Barrié e de PwC, mais Social converteuse xa nun modelo de referencia en canto ao apoio a estas entidades sociais medianas e pequenas, cun rol fundamental na atención aos colectivos máis vulnerables.

 

Os outros 13 programas premiados foron:

«Un nuevo modelo de intervención para o dano cerebral» , da Asociación de Dano Cerebral de Vigo (Alento).

«Espertar: Intervención con personas sen teito de Lugo con trastorno mental severo», da Asociación lucense de axuda aos enfermos mentais (Alume). 

«Servicio ADA, accesibilidade para a discapacidade auditiva», da Asociación Coruñesa de Promoción do Xordo (Acoprós).

«Aula polivalente de inclusión sociodixital» , de Ecos do Sur, da Coruña.

«Programa Conecta-Aleida: un enfoque sistémico para previr o fracaso escolar», da asociación de ámbito autonómico Fundación Meniños.

«Comuni@tic 3.0», da Asociación a favor das persoas con Discapacidade Intelectual da provincia de Pontevedra (Aspanaex) e a Asociación de familias de persoas con parálisis cerebral de Vigo (Apamp).

«Axúdame a quedar: servizos de proximidade», do Centro de desarrollo rural O Viso, de Ourense.

«Intervención para o empoderamento femenino a través do apoio a actividade empresarial. Proxecto: tecendo futuro», de Aliad-Ultreia (Lugo).

«40 proyectos de vida», de la Asociación de Padres de Persoas con Trastorno del Espectro Autista de la provincia de A Coruña (Aspanaes).

«Dinamización base social: capacitación tecnológica», de la Federación Galega de Institucións para a síndrome de Down.

 Equipamiento del Centro de Día especializado en Daño Cerebral y en régimen ambulatorio, Asociación de Daño Cerebral de A Coruña (Adaceo).

«I Marcha sobre rodas ASPACE», da Federación Aspace Galicia de Pontevedra (Aspace Galicia).

«Programa de Fisioterapia para enfermos/as de Parkinson e familiares/coidadores», da Asociación Parkinson Galicia Coruña.

Galería (pulse para ampliar)

Hosting por dinahosting.

Nuestros centros

Sede social Centro terapéutico Centro de día

©2017 AFACO - Aviso legal - Créditos
Parque San Diego, s/n, Centro Cívico - Bajo, 15006 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 1001
C/ Petunias, 33 B, 15008 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 2001
C/ Salvador de Madariaga nº 87 en A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 3001
ENTIDAD DECLARADA DE UTILIDAD PÚBLICA POR EL MINISTERIO DEL INTERIOR
Homologado por la Consellería de Traballo para la impartición de especialidades formativas.

Certificación obtenida para : Centro de día c/ Petunias y Centro Terapéutico c/ Salvador de Madariaga.
Certificación de calidad ISO-9001:2008
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar