AFACO - Asociación Familiares Enfermos de Alzheimer A Coruña

Asóciate

As AFAS, prestadoras de servizos

Neste post quero destacar un tema que dende hai uns meses está na mente de todos, polos acontecementos que se van producindo. E é simplemente que as AFAS, que naceron hai uns vinte ou trinta anos como grupos de familiares que se agrupaban para encontrar comprensión e facilitarse as cousas os uns aos outros ante un diagnóstico descoñecido nese momento, evolucionaron cara a outras cousas.

Nos últimos anos temos visto que moitas delas se converteron en auténticas prestadoras de servizos, xestionando Centros de Día e Residencias, e todo iso provocado polas moitas carencias das administracións en asumir esta necesidade de ter as persoas con demencia ben atendidas.

Moitas asociacións pasaron de reivindicar ás administracións servizos para os enfermos de Alzheimer a xestionalos. Por suposto, a xestión destes centros por parte dos nosos compañeiros/as supuxo un plus de calidade e de atención xa que coa nosa experiencia e saber, sabemos ofrecer o mellor para os nosos enfermos.

Pero isto tamén significa máis atención, máis persoal e máis diñeiro e a problemática que temos é que non podemos competir en prezo coas grandes empresas do sector posto que os recortes que se van producindo inexorablemente nos afectan moito máis que a outras organizacións.

Persoalmente creo que chegou o momento en que as AFAS fagamos unha reflexión:

Debemos e podemos seguir reivindicando as necesidades dos enfermos e das súas familias, se dependemos case totalmente das subvencións das administracións?

Podemos e debemos seguir intentando atender a todas as familias coa problemática do Alzheimer do noso territorio dándolles un bo servizo se temos que dedicarnos a atender os Centros de Día, Residencias...?

Se a resposta é SI ás dúas preguntas ningún problema. Pero se é NON ou ás veces, debemos reflexionar sobre a quen diriximos as nosas AFAS: se aos 20-30-40 usuarios dun Centro de Día ou Residencia, que seguro terán unha atención de maior calidade, ou a todas as persoas que o necesitan e poidan acudir á Asociación, que seguro que serán moitas máis.

Debemos formularnos se mantemos a filosofía e o sentido crítico de cando nos creamos, mantendo o sentido reivindicativo, ou queremos ser unha Asociación politicamente correcta para non ofender á administración correspondente e que non nos recorte a súa achega.

Entendo persoalmente que o noso sentido de ser debe volver á reivindicación e á axuda directa a todas as persoas afectadas polo Alzheimer, enfermos, coidadores e familias.

A incidencia do Alzheimer vai a máis, cada vez hai máis persoas afectadas, polo tanto como AFAS debemos abrirnos á sociedade, ofrecer a nosa experiencia á xente que o necesite, iso debe ser o prioritario, se ademais atendemos un servizo e o facemos ben, mellor.

Agora máis que nunca creemos necesaria unha «Politica de Estado para o Alzheimer».

 

Texto escrito por Josep Gasulla (Secretario de CEAFA, vogal da Federación Catalá e Vicepresidente Afa Terres de l´Ebre), publicado orixinalmente no blog da Confederación Española de Asociacións de Familiares de Persoas con Alzheimer (CEAFA).

Hosting por dinahosting.

Nuestros centros

Sede social Centro terapéutico Centro de día

©2017 AFACO - Aviso legal - Créditos
Parque San Diego, s/n, Centro Cívico - Bajo, 15006 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 1001
C/ Petunias, 33 B, 15008 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 2001
C/ Salvador de Madariaga nº 87 en A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 3001
ENTIDAD DECLARADA DE UTILIDAD PÚBLICA POR EL MINISTERIO DEL INTERIOR
Homologado por la Consellería de Traballo para la impartición de especialidades formativas.

Certificación obtenida para : Centro de día c/ Petunias y Centro Terapéutico c/ Salvador de Madariaga.
Certificación de calidad ISO-9001:2008
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar