AFACO - Asociación Familiares Enfermos de Alzheimer A Coruña

Asóciate

21-S: Día Mundial do Alzheimer

A Asociación de Familiares de enfermos de Alzheimer organiza diferentes actividades en torno á xornada do Día Mundial do Alzheimer, que se celebra o domingo 21 de setembro. A campaña deste ano insta a solidarizarse coas persoas coa enfermidade, un problema sociosanitario que afecta ao 7% da poboación con máis de 65 anos e ao 50% dos maiores de 85 anos.
As actividades previstas na Coruña son:

  •  Venres 19 de setembro. Instalación de mesas informativas e de colecta en diferentes puntos da cidade (o listado detallado pódese consultar aquí).
  • Sábado 20 de setembro. Xornada de portas abertas ás instalacións de AFACO, en horario de 11:00 a 19:00. As persoas interesadas poderán visitar os centros terapéuticos de San Diego (no Centro Cívico San Diego, baixo) e da rúa Salvador de Madariaga, 87, así como o centro de día do Barrio das Flores (cale Petunias, 33).
  • Domingo 21 de setembro. Misa en memoria dos falecidos vítimas do Alzheimer e das súas familias. Oficiarase ás 12:30, na parroquia de San Pablo, da Coruña.
  • Mércores 24 de setembro. Marcha «Camiño pola memoria», dende o Monte do Gozo até a catedral, na que participa un grupo de persoas con demencia.

Galería (pulse para ampliar)

Hosting por dinahosting.

Nuestros centros

Sede social Centro terapéutico Centro de día

©2017 AFACO - Aviso legal - Créditos
Parque San Diego, s/n, Centro Cívico - Bajo, 15006 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 1001
C/ Petunias, 33 B, 15008 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 2001
C/ Salvador de Madariaga nº 87 en A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 3001
ENTIDAD DECLARADA DE UTILIDAD PÚBLICA POR EL MINISTERIO DEL INTERIOR
Homologado por la Consellería de Traballo para la impartición de especialidades formativas.

Certificación obtenida para : Centro de día c/ Petunias y Centro Terapéutico c/ Salvador de Madariaga.
Certificación de calidad ISO-9001:2008
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar