AFACO - Asociación Familiares Enfermos de Alzheimer A Coruña

Asóciate

Úlceras por presión e o seu tratamento

Que son as úlceras por presión e por que xorden?

Son lesións da pel, a maior ou menor profundidade, que se producen pola presión que exerce o propio corpo ao permanecer moito tempo na mesma posición.

En que zonas adoitan aparecer?

Habitualmente localízanse sobre unha prominencia ósea. Depende da posición na que se permanece durante un tempo prologado poden aparecer nunha parte ou outra. Nos adultos, o habitual é que xurdan na zona das omoplatas, cóbados, sacro (zona inferior das costas), talóns, orellas, ombros, costelas, cadeiras, xeonllos. Tamén poden aparecer alí onde se apoian dispositivos (lentes, máscaras), vendaxes...

Que signos é necesario vixiar?

O arrubiamento da pel, a aparición de ampolas e a perda da primeira capa da pel.

Hai persoas máis proclives que outras a padecelas?

Pode afectar a calquera persoa, de calquera idade, se se mantén de forma prolongada na mesma posición. A aparición de úlceras verase agravada en episodios de inmobilidade e de encamamiento continuado, se o nivel de conciencia é baixo, en caso de alteracións na circulación sanguínea, se a pel se encontra en mal estado e tamén cando existen alteracións nutricionais (desnutrición, deshidratación) ou por durmir en colchóns que non son adecuados.

Que complicacións ocasionan as úlceras por presión?

Carrexan dor, infección ou mesmo anemia.

Que se pode facer para previr a súa aparición?

É necesario examinar a pel, poñendo especial énfase nas zonas de risco e observando con detalle calquera área arrubiar, rozadura ou ampola.

Debe manterse a pel limpa e seca, tratar de mover a persoa enferma. En caso de que non sexa posible, é prezo realizar cambios de posición cunha frecuencia non inferior a 3-4 veces ao día. Para diminuír a presión que exerce o corpo pódense utilizar colchóns especiais e colocar almofadas en zonas de apoio, segundo a postura, sen descoidar os cambios posturais descritos.

Ademais, é necesario coidar a alimentación da persoa enferma que debe ser rica e variada achegando diariamente proteínas (carnes, peixes, ovos, leite e derivados) e vitaminas (froitas, verduras). A inxestión de líquidos debe ser da orde de 1,5 ou 2 litros ao día, inclúen auga, infusións ou zumes.

Que coidados específicos precisa a pel?

Débese manter unha hixiene axeitada da pel, para iso, hai que lavala con auga morna e xabón neutras, aclarar e secar sen fregar e evitar a humidade, especialmente nas zonas de dobras. Tamén se pode utilizar crema hidratante despois do aseo, estendéndoa ben e sen masaxear (non se debe utilizar colonias, nin alcohol, nin talco).

Para controlar a humidade hanse de empregar tecidos naturais (algodón, fío), evitar as dobras e as engurras, de forma que, na medida do posible as roupa estea ben estirada, limpa e seca. En caso de incontinencia débese extremar a hixiene. É necesario evitar a sudación e cambiar a roupa en caso de que estea suada. Utilizar cremas ou películas para protexer a pel do exceso de humidade.

Como podo aliviar a presión?

Débense facer cambios posturais para con iso evitar ou diminuír a presión prolongada sobre unha mesma zona. Se o paciente non é capaz de realizalos por si mesmo, será o coidador o encargado de axudarlle. En persoas que se encontran encamadas farase cada 2-3 horas, seguindo un sistema de rotación programado. En persoas en cadeiras de rodas, farase cada hora e cada 15-30 minutos será preciso descargar as nádegas movéndoas dun lado a outro.

Tamén son necesarios os movementos das articulacións. En caso de que o paciente non se mova por si mesmo, o coidador deberá mover as articulacións aproveitando os cambios posturais (sen producir dor) e seguindo as instrucións dun profesional da enfermaría. Hai que empregar colchóns especiais e almofadas para diminuír a presión localizada. Non se deben utilizar nunca flotadores nin similares.

Que dieta é a máis adecuada para previr as úlceras por presión?

A alimentación debe ser rica e variada, tendo en conta —na medida do posible— as preferencias do paciente, pero tamén as dificultades que presenta. O déficit de nutrientes altera a pel e favorece a aparición de úlceras e cando hai entorpécese o proceso de curación.

Que podo facer se detectei a aparición de signos de úlceras por presión?

Nestes casos, o recomendable é contactar cun profesional da enfermaría.

 

Máis información no número 30 do boletín AFACO Informa.

 

 

Galería (pulse para ampliar)

Hosting por dinahosting.

Nuestros centros

Sede social Centro terapéutico Centro de día

©2017 AFACO - Aviso legal - Créditos
Parque San Diego, s/n, Centro Cívico - Bajo, 15006 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 1001
C/ Petunias, 33 B, 15008 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 2001
C/ Salvador de Madariaga nº 87 en A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 3001
ENTIDAD DECLARADA DE UTILIDAD PÚBLICA POR EL MINISTERIO DEL INTERIOR
Homologado por la Consellería de Traballo para la impartición de especialidades formativas.

Certificación obtenida para : Centro de día c/ Petunias y Centro Terapéutico c/ Salvador de Madariaga.
Certificación de calidad ISO-9001:2008
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar