AFACO - Asociación Familiares Enfermos de Alzheimer A Coruña

Asóciate

5 de novembro, Día do coidador

O coidado das persoas maiores é inherente á sociedade en que vivimos, cada vez máis envellecida polo aumento da esperanza de vida. Segundo a Sociedade Española de Xeriatría e Xerontoloxía (SEGG, polas súas siglas en español), o perfil do coidador tipo responde ao dunha muller -no 85% dos casos-, que se ocupa do familiar dependente de forma exclusiva. Máis do 50% destas coidadoras son descendentes directas (fillas) e o 18%, o cónxuxe da persoa que precisa dos coidados. Os coidadores familiares -que adoitan ocuparse de persoas que sofren algún tipo de demencia ou deterioración cognitiva, problemas de inmobilidade- a miúdo non son conscientes da importancia de coidarse a si mesmos dado o enorme estrés diario que implica a responsabilidade de permanecer vixiante as 24 horas.

Precisamente, para contribuír á mellora da calidade de vida das persoas maiores e de formar, apoiar e recoñecer o labor que realizan os coidadores, a Sociedade Española de Xeriatría e Xerontoloxía, co apoio de Lindor Ausonia, idearon o «Día do Coidador», que se celebra este 5 de novembro.

«A idea de crear o Día do Coidador nace porque ao coidador lle asaltan enormes dúbidas sobre se o que está a facer é adecuado e séntese responsable de cuestións do día a día, así como dunha serie de materiais informativos e formativos que dalgunha forma lles tutelen e lles acheguen seguridade para saber que o que están a facer é o correcto», explica o doutor Primitivo Ramos, secretario xeral da SEGG.

Dos máis de oito millóns de persoas maiores de 65 anos que hai en España, arredor de 809.000 sofren Alzheimer -62.948 deles están en Galicia-, boa parte das cales están a cargo de coidadores non profesionais ou familiares.

A Asociación de Familiares de enfermos de Alzheimer e outras demencias da Coruña (AFACO), consciente da importancia de «coidar ao coidador» familiar, organiza xornadas anuais que están dedicadas precisamente ao esparexemento dos coidadores familiares. Tamén dispón de talleres de musicoterapia concibidos por e para eles. Así mesmo, en 2015, AFACO ten previsto ampliar a oferta destinada aos coidadores coa posta en marcha o programa «Mímate», dirixido á atención integral das familias e que contará con varias liñas de actuación (apoio social, legal e emocional, formación continua, actividades de ocio e tempo libre, fisioterapia). En definitiva, trátase de proporcionar aos coidadores algunhas estratexias que lles axuden a manexar a situación de estrés cotiá que padecen.


Dado que o coidado dos nosos maiores é inherente á sociedade en que vivimos e que tarde ou cedo, todos seremos coidadores ou precisaremos de coidados, é importante non esquecer que o coidador ten que atenderse ben a si mesmo para poder coidar mellor dos outros.

Galería (pulse para ampliar)

Hosting por dinahosting.

Nuestros centros

Sede social Centro terapéutico Centro de día

©2017 AFACO - Aviso legal - Créditos
Parque San Diego, s/n, Centro Cívico - Bajo, 15006 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 1001
C/ Petunias, 33 B, 15008 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 2001
C/ Salvador de Madariaga nº 87 en A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 3001
ENTIDAD DECLARADA DE UTILIDAD PÚBLICA POR EL MINISTERIO DEL INTERIOR
Homologado por la Consellería de Traballo para la impartición de especialidades formativas.

Certificación obtenida para : Centro de día c/ Petunias y Centro Terapéutico c/ Salvador de Madariaga.
Certificación de calidad ISO-9001:2008
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar