AFACO - Asociación Familiares Enfermos de Alzheimer A Coruña

Asóciate

AFACO recolle o premio «Territorios solidarios» do BBVA por un proxecto dirixido aos coidadores

A presidenta da Asociación de Familiares de enfermos de Alzheimer e outras demencias da Coruña (AFACO), María Carmen Martínez, asistiu este martes á presentación da terceira edición do programa «Territorios solidarios» do BBVA, que en Galicia distinguiu oito proxectos.

O programa «Mímate» de AFACO, galardoado con 10.000 euros, está concibido para proporcionar apoio diario aos coidadores familiares de persoas afectadas de Alzheimer ou outro tipo demencia. En concreto, mediante esta iniciativa de atención integral ás familias, que se poñerá en marcha en 2015, proporcionarase apoio social, legal e emocional, así como formación continua e actividades de ocio, de tempo libre (saídas programadas, talleres de música) e fisioterapia aos participantes. O obxectivo é facilitar aos coidadores principais estratexias para que aprendan a manexar as situacións de estrés ás que han de facer fronte a diario.

Trátase da segunda ocasión que o BBVA premia un proxecto de AFACO. Segundo a entidade financeira que promove os premios, «Territorios solidarios» xurdiu hai tres anos para descubrir o lado máis humano» das persoas. Para iso, os empregados do BBVA exercen de padriños de distintos proxectos con fins solidarios, que son sometidos a votación ante os propios traballadores. Finalmente, os oito programas que máis votos alcanzan erixíronse como gañadores nesta edición de 2014.

AFACO agradece o recoñecemento, grazas ao cal aproximadamente 120 persoas poderán verse beneficiadas do programa «Mímate».

Galería (pulse para ampliar)

Hosting por dinahosting.

Nuestros centros

Sede social Centro terapéutico Centro de día

©2017 AFACO - Aviso legal - Créditos
Parque San Diego, s/n, Centro Cívico - Bajo, 15006 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 1001
C/ Petunias, 33 B, 15008 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 2001
C/ Salvador de Madariaga nº 87 en A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 3001
ENTIDAD DECLARADA DE UTILIDAD PÚBLICA POR EL MINISTERIO DEL INTERIOR
Homologado por la Consellería de Traballo para la impartición de especialidades formativas.

Certificación obtenida para : Centro de día c/ Petunias y Centro Terapéutico c/ Salvador de Madariaga.
Certificación de calidad ISO-9001:2008
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar