AFACO - Asociación Familiares Enfermos de Alzheimer A Coruña

Asóciate

Tras a diagnose de Alzheimer, que?

O especialista deuche un diagnóstico claro: o teu familiar ten Alzheimer. Sen dúbida este é un trago amargo para o que non estabas preparado, pero agora só quédate a opción de armarte de valor e enfrontarte a este reto. É momento de acompañar a túa persoa querida neste camiño, nesta etapa que, aínda que dura, tamén pode ser gratificante e doce. Aquí dámosche uns consellos que poden axudarche tras o diagnóstico.

1. Acode a unha asociación de familiares de persoas con Alzheimer. Crenos: sabemos de sobra que a noticia que acabas de recibir é unha das peores que poderían darche. Agora mesmo sentes que o mundo se che vén enriba, pero debes saber que nas túas mans está tomalo doutra forma. O primeiro que debes facer é acudir á asociación de familiares de persoas con Alzheimer da túa cidade. Alí ofreceranche información de todo tipo, ensinarante a coidar ben da túa persoa querida, poderás participar en actividades e compartir experiencias.

2. Comparte coa túa familia a noticia. Aínda que xa tomásedes a decisión de que serás ti o que exercerá o papel de coidador principal, é importante que todos na túa familia compartades o peso que a enfermidade supón. En importante que encontredes un espazo para o diálogo a través do cal poidades tomar decisións e repartir responsabilidades.

3. Infórmate sobre todo o que teña que ver co tratamento. Se ben é certo que a día de hoxe os fármacos para o Alzheimer non permiten a curación e só céntranse nos síntomas, a adherencia ao tratamento é clave para retardar o progreso da enfermidade. Por iso, é importante que te informes ben sobre todo o que ten que ver cos medicamentos, os seus posibles efectos secundarios e a forma de palialos.

4. Aprende formas de estimular a persoa. A estimulación cognitiva é un conxunto de técnicas moi beneficiosas para estimular e manter as capacidades mentais das persoas con Alzheimer. Existen sinxelos —e mesmo divertidos— exercicios que poderán axudarche a adestrar a memoria, a capacidade de percibir estímulos, as habilidades motoras e a linguaxe da persoa á que coidas. Apréndeos.

Máis información en Persoas que.

Galería (pulse para ampliar)

Hosting por dinahosting.

Nuestros centros

Sede social Centro terapéutico Centro de día

©2017 AFACO - Aviso legal - Créditos
Parque San Diego, s/n, Centro Cívico - Bajo, 15006 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 1001
C/ Petunias, 33 B, 15008 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 2001
C/ Salvador de Madariaga nº 87 en A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 3001
ENTIDAD DECLARADA DE UTILIDAD PÚBLICA POR EL MINISTERIO DEL INTERIOR
Homologado por la Consellería de Traballo para la impartición de especialidades formativas.

Certificación obtenida para : Centro de día c/ Petunias y Centro Terapéutico c/ Salvador de Madariaga.
Certificación de calidad ISO-9001:2008
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar