AFACO - Asociación Familiares Enfermos de Alzheimer A Coruña

Asóciate

Aberto o prazo de inscrición no plan de formación continua de AFACO

  • As sesións formativas impártense todos os xoves do 5 de ferreiro ao 26 de marzo, incluídos
  • Os socios e voluntarios de AFACO poden inscribirse de forma gratuíta, mentres que o prezo para non socios é de 50 euros

Eulàlia Cucurella, presidenta da Fundació Alzheimer Catalunya, será a encargada de inaugurar o III Plan de formación continua en demencias de AFACO que comeza o próximo 5 de febreiro e que se prolongará até o 26 de marzo incluído.

Durante oito semanas, socios e non socios da Asociación de Familiares de enfermos de Alzheimer da Coruña terán a oportunidade de actualizar os seus coñecementos sobre as demencias. En concreto, na sesión inaugural, Eulàlia Cucurella falará sobre as «habilidades de comunicación co paciente con demencia».

O 12 de febreiro, a psicóloga de AFACO e profesora universitaria Elena Viqueira abordará o «manexo clínico das alteracións conductuales».

As «terapias non farmacolóxicas» será o asunto que centre a conferencia que impartirá, o 19 de febreiro, Adriana Ávila, terapeuta ocupacional e profesora de Ciencias da Saúde da Universidade da Coruña.

O psiquiatra, especializado en bioética, Fernando Márquez será o experto que o 26 de febreiro presente as «consideracións éticas nos coidados a persoas dependentes».

A psicóloga de AFACO Elena Viqueira tamén falará aos asistentes na charla do 5 de marzo sobre a «estimulación do paciente en estadíos moderados e avanzados».

O 12 de marzo, Rodrigo Rubial, como fisioterapeuta, e Olalla Ventura, enfermeira e terapeuta ocupacional de AFACO tratarán un asunto eminentemente práctico: «Como previr as úlceras por presión».

Unha semana despois, o 19 de marzo, a xeriatra do Hospital de Oza Eva López e a logopeda de AFACO Nerea Rey abordarán a cuestión da «alimentación adaptada en persoas con demencias».

Finalmente, o psicólogo de AFACO Juan Bonome e a musicoterapeuta Adriana Beutel ocuparanse o 26 de marzo de explicar o mellor xeito de coidar o coidador.

 

 

HORARIO: As sesións celebraranse, os xoves, en horario de 16:30 a 19:00.

PREZO: Para socios e voluntarios de AFACO, gratis.

             Non socios de AFACO, 50 euros

 

 

As inscricións deberán tramitarse no teléfono 981 17 57 73 ou a través de contacto@afaco.es

 

Máis información sobre o III Plan de formación en demencias 2015 de AFACO

Galería (pulse para ampliar)

Hosting por dinahosting.

Nuestros centros

Sede social Centro terapéutico Centro de día

©2017 AFACO - Aviso legal - Créditos
Parque San Diego, s/n, Centro Cívico - Bajo, 15006 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 1001
C/ Petunias, 33 B, 15008 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 2001
C/ Salvador de Madariaga nº 87 en A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 3001
ENTIDAD DECLARADA DE UTILIDAD PÚBLICA POR EL MINISTERIO DEL INTERIOR
Homologado por la Consellería de Traballo para la impartición de especialidades formativas.

Certificación obtenida para : Centro de día c/ Petunias y Centro Terapéutico c/ Salvador de Madariaga.
Certificación de calidad ISO-9001:2008
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar