AFACO - Asociación Familiares Enfermos de Alzheimer A Coruña

Asóciate

A presidenta de Alzheimer Catalunya inaugura o plan de formación continua en demencias de AFACO

  • O concelleiro de Servizos Sociais, Miguel Lorenzo, participa no acto inaugural
  • Durante oito semanas, especialistas en enfermidades neurodexenerativas impartirán clases prácticas dirixidas a coidadores profesionais e familiares

O concelleiro de Servizos Sociais, Miguel Lorenzo, a responsable de programas de Acción Social de AFundación, Isabel Couceiro, e a presidenta de AFACO, Mª Carmen Martínez, inauguran este xoves 5 de febreiro a III edición do Plan de formación continua en demencias da Asociación de Familiares de enfermos de Alzheimer da Coruña.

Durante as vindeiras oito semanas, coidadores profesionais e familiares teñen a oportunidade de actualizar os seus coñecementos na materia da man de destacados especialistas en enfermidades neurodexenerativas.

Tras a sesión inaugural, a primeira charla coloquio será impartida por Eulàlia Cucurella, presidenta da Fundación Alzheimer Catalunya e nela abordará diferentes estratexias e técnicas de comunicación para persoas con Alzheimer.

 

Lugar: Escola de Negocios de AFundación. (Ronda de Nelle, 31. A Coruña)

Día: Jueves, 5 de febreiro

Hora: 16:30

Asisten: Miguel Lorenzo, concelleiro de Servizos Sociais. Concello da Coruña

             Isabel Couceiro, responsable de programas de Acción Social de AFundación

             Mª Carmen Martínez, presidenta de AFACO

Galería (pulse para ampliar)

Hosting por dinahosting.

Nuestros centros

Sede social Centro terapéutico Centro de día

©2017 AFACO - Aviso legal - Créditos
Parque San Diego, s/n, Centro Cívico - Bajo, 15006 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 1001
C/ Petunias, 33 B, 15008 A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 2001
C/ Salvador de Madariaga nº 87 en A Coruña; Teléfono: 981 20 58 58 extensión 3001
ENTIDAD DECLARADA DE UTILIDAD PÚBLICA POR EL MINISTERIO DEL INTERIOR
Homologado por la Consellería de Traballo para la impartición de especialidades formativas.

Certificación obtenida para : Centro de día c/ Petunias y Centro Terapéutico c/ Salvador de Madariaga.
Certificación de calidad ISO-9001:2008
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar