Cookies

Demencia frontotemporal

Este tipo de demencia ten como síntomas característicos cambios frecuentes de humor, alteracións da personalidade, indiferencia, apatía, condutas inapropiadas e falta de control ó comer e ó beber. Estes cambios no carácter e na conducta social son dominantes tanto ó comezo da enfermidade como ó longo da súa evolución.

O inicio temprano dos cambios na conducta social e persoal e a perda precoz da inhibición son característicos desta demencia e son indicios fundamentais á hora de diagnosticala.

Ademais, son características que apoian o diagnóstico:

  • Trastornos no comportamento: Falta de coidado da hixiene persoal, rixidez mental que deriva na incapacidade para aceptar puntos de vista alleos, búsqueda de distanciamento con respecto ós demais, cambios na dieta, comportamentos perseverantes e estereotipados e tendencia a empregar obxectos repetidamente, aínda que estes non teñan relación coa tarefa en curso.
  • Linguaxe: Expresión verbal alterada, que se concreta nunha linguaxe apresurada e na falta de espontaneidade ó falar, e repetición continuada das mesmas mensaxes.
  • Signos físicos: Incontinencia, rixidez, tremores e presión arterial baixa.
      Imprimir

981 20 58 58 YoTeCuido YoTeCuido App móvil para cuidadores y afectados de Alzheimer