Cookies

A nosa traxectoria

A mediados da década dos 90, a enfermidade de Alzheimer era descoñecida para a maioría da sociedade. A falta de comunicación sobre a mesma era palpable e as novas dos medios de comunicación eran escasas, o que propiciaba que a maioría dos cidadáns descoñeceran os seus síntomas e que os recursos para facerlle fronte foran escasos.

Este contexto levou a un grupo de familiares de persoas con Alzheimer a tomar, en 1995, a decisión de asociarse co fin de compartir experiencias e de aportar información e axuda a aqueles que se atopaban na súa mesma situación. Tras varias reunións, o 7 de decembro dese mesmo ano, constituese oficialmente a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias da Coruña (AFACO), que nace como unha entidade sen ánimo de lucro e que se instalou, inicialmente e de forma provisional, en diferentes centros sociais da cidade.

Apenas tres anos despois, en 1998, debido á demanda continua e crecente de información, AFACO comezou a impartir charlas itinerantes pola provincia da Coruña. O obxectivo era contribuir a un mellor coñecemento e comprensión das demencias naqueles puntos da comarca que carecían de asociacións locais.

No ano 2003, AFACO dispuxo das primeiras instalacións adicadas específicamente á atención de persoas con demencia, coa inauguración do centro terapéutico de San Diego, centro que, na actualidade, ademais de funcionar como sede social da entidade, acolle o programa Activa-T (destinado a persoas que presentan deterioro cognitivo leve e impartido nas mañás de luns, martes e mércores) e funciona como centro terapéutico en horario de tarde.

Oito anos máis tarde, en 2011, a oferta de AFACO amplíase coa apertura do centro de día situado no Barrio das Flores da Coruña. Este centro posibilita que AFACO oferte atención e coidados a xornada completa.

Finalmente, e só un ano despois, no 2012, abría as súas portas o centro terapéutico da avenida Salvador de Madariaga da Coruña. Os usuarios que acuden a este centro reciben atención a media xornada, xa sexa en horario de mañá ou de tarde.

      Imprimir

981 20 58 58 YoTeCuido YoTeCuido App móvil para cuidadores y afectados de Alzheimer