Cookies

¿Por que ser socio/a?

A aportación dos socios de AFACO permite que a entidade poida organizar actividades a maiores dos servizos propios dos centros, que se financian coas cantidades que abonan os usuarios por acudir a eles.

Ademais de contribuir á consecución dos obxectivos de AFACO, os socios teñen dereito a desfrutar dunha serie de servizos específicamente dirixidos a eles, así como a participar en actividades formativas e de ocio dirixidas a coidadores de persoas con Alzheimer ou demencia.

Entre os servizos que AFACO pon a disposición dos seus socios atópase a asesoría legal, prestada polo avogado da entidade; o asesoramento na xestión de axudas públicas e a intervención psicolóxica e psiquiátrica.

Os socios que sexan coidadores dunha persoa con Alzheimer poden participar en programas como o de Teatro e Saúde e o de Psicoterapia, que lles brindan a oportunidade de comparti-las súas experiencias con outras persoas nunha situación similar.

Tamén teñen vantaxes os socios á hora de desfrutar da formación que oferta AFACO, ben sexa por ter dereito a participar nos cursos reservados a eles en exclusiva ou mediante vantaxes no pago da inscrición naqueles dirixidos ó público en xeral.

      Imprimir

981 20 58 58 YoTeCuido YoTeCuido App móvil para cuidadores y afectados de Alzheimer