Cookies

Coidados compartidos

Coidados compartidos é o título que terá, dende o próximo ano, a formación de oito horas de contido maioritariamente teórico que AFACO ofrece ás familias como paso previo ó Plan de Formación Continua en Demencias, cun contido máis práctico.

A sintomatoloxía básica das demencias, as alteracións condutuais, as terapias non farmacolóxicas e a atención ós coidadores son algúns dos temas abordados neste programa formativo para as familias.

Na última edición do programa, chamado entón Xuntos nos coidados, profesionais de AFACO impartiron as sesións formativas, encargándose da organización, ademais da propia asociación, a Federación Alzheimer Galicia (FAGAL) e a Consellería de Política Social.

As oito horas das que consta esta formación repártense en tres días.

      Imprimir

981 20 58 58 YoTeCuido YoTeCuido App móvil para cuidadores y afectados de Alzheimer